slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

Entrega de diplomas e agasallos do concurso de postais do Concello

Pola mañá, membros do Concello das Nogais fixeron entrega de diplomas e agasallos aos nenos e nenas participantes no concurso de postais de Nadal organizado polo Concello.

Os reis deixaron agasallos para os nen@s...

As maxestades de Oriente deixaron agasallos para aos membros da comunidade do CEIP As Nogais e no primeiro día de curso do ano 2018 fixemos a entrega. Moitas grazas por lembrarse de nós.

Festival de Nadal 2017

O martes 19 de decembro de 2017 celebramos no CEIP das Nogais o festival de Nadal. Nesta ocasión contamos coa presentación dun programa informativo moi especial: "As Nogais Directo".

Neste programa tratáronse temas de actualidade como a independencia, os períodos de vacacións etc...

Entre nova e nova houbo tempo para diferentes actuacións:

Carta aos Reis Magos

O derradeiro día de clase do 1º trimestre, os nenos e nenas entregáronlle ao carteiro das Nogais as cartas dirixidas as maxestades de Oriente. Foron agasallados con doces e un marcapáxinas.

Postal do CEIP As Nogais

A postal escollida este ano foi a de Ismael de 6º de Educación Infantil. Bo Nadal.

Mural de Nadal

A comunidade educativa do CEIP As Nogais elaborou un mural para conmemorar a chegada do período de Nadal. Propuxemos un concurso de postais, no cal Ismael de 6º de Infantil foi o gañador. Esperemos que vos guste. 

 

Saída a Lugo

O día 5 de decembro, os nenos e nenas do colexio desprazáronse ata a cidade de Lugo para ver a película "Coco" no centro comercial As Termas. Despois do visionado da película, xantamos xunto aos nenos e nenas do CPI de Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro. Aínda tivemos tempo para dar unha volta polo centro e mercar algunha cousiña.

Está ben ter amigos diferentes

Para conmemorar o día 3 de decembro, día mundial da discapacidade, o CEIP As Nogais colaborou có CEIP de Cervo (Lugo) e outros colexios na realización dun vídeo moi especial. Grazas por contar con nós. Somos iguais e somos diferentes.

https://www.youtube.com/watch?v=hq1MVbmeOUE

Bádminton en Cervantes

O martes 28 de novembro os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º desplazáronse ata o veciño concello de Cervantes para desfrutar dun día de bádminton, xunto a outros concellos da comarca dos Ancares (Pedrafita, Navia e Courel). A organización do evento foi a cargo de Lucía Lombardía (CPI Cervantes).

Despois dunhas intensas horas de desfrute e xogo...tiveron un merecido descanso...

Día contra a violencia de xénero

O CEIP As Nogais participou no proxecto Equaliter?. Este proxecto proposto polo CEIP Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín foi levado a cabo por trinta centros educativos da nosa Conunidade Autónoma.

https://www.youtube.com/watch?v=NPpbs0VxNyg

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer