A EIRUGUIÑA COMELLONA

Na aula de infantil levamos un tempiño traballando un conto de Eric Carle que non nos pode gustar máis "A Eiruguiña Comellona". A historia explícanos o ciclo vital dunha bolboreta pero non é o único que traballamos con el: os días da semana, os números, a importancia dunha alimentación saudable... Nesta entrada ensinámosvos algunhas das cousiñas que levamos feito, pero estade moi atentos que aínda nos quedan moito por contarvos!

Nesta imaxe podedes ver como os encargados son os que nos len o contiño antes de comezar a sesión de traballo, neste caso son Lucas e Dilan. E tamén podedes ver como durante os momentos de xogo libre Mireia e Valeria decidiron realizar as ilustracións do conto nas pizarras individuais, a que o fixeron xenial!

Pero non só reproducimos a historia a través dos noso debuxos, tamén coa plastilina! Lucas, Xoel e Ximena modelaron a eiruga e saliulles igualiña que a do conto.

E mirade, mirade! O noso caderno de traballo ten varias actividades relacionadas co concepto de número. 
Na vindeira entrada amosarémosvos outras relacionadas coa secuenciación de imaxes, a motricidade fina, a simetría, a intelixencia artística... Mentres podedes divertirvos escoitando esta versión musicada que nos encanta escoitar durante a rutina da merenda!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer