POLO CAMIÑO

No trimestre pasado pasámolo xenial con contiños como Aurelio, Te quiero casi siempre, Iriña bailarina, Coelliño branco e Polo Camiño. Este último axudounos a traballar a seriación ata o 10 para o que empregamos tamén outros materiais de escritura, manipulativos e ata musicais, xa veredes!

Ademais de traballar o concepto de número, a lectoescritura, as seriacións, o conteo e os diferentes trazos co material impreso, fixemos varios xogos cos bits de intelixencia dos números ata o dez. Algún destes xogos ata os fixemos ao aire libre... que sorte temos no noso cole... poder gozar da natureza e dunhas vistas tan bonitas fai que todos os retos sexan máis sinxelos de afrontar! 

E por último, afinade ben os vosos oídos porque nas seguintes imaxes poderedes "escoitar" o conto "Polo Camiño" contado cun instrumento de percusión co que o pasamos máis que xenial! :)


Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer