O NOSO PANEL PARA AS MÁSCARAS

Hoxe queremos ensinarvos unha peza moi importante dentro da aula de infantil, importante porque é moi necesaria e importante, e tamén porque foi feita con moito agarimo por Ángeles, a coidadora do cole.

Durante moitos días Ángeles estivo traballando coa súa máquina de coser, xuntando telas con fíos de cores e fixándose moito para que todo quedase perfecto.
Non sabíamos nada, pero un día, entrou na nosa aula e... sorpresa! Fixera para nós un panel para as máscaras! Canto nos gustou e que faciliño era de usar! Mirade, mirade.

Só tivemos que poñer as nosas fotos en cada un dos petos para non equivocarnos nunca e agora xa usamos o panel todos os días. 
E como nos gustou tanto o seu agasallo pensamos en darlle as grazas con outro agasallo para ela... Puxémonos mans á obra e realizamos uns retratos moi chulis! A Ángeles encantáronlle!

Moitas gracias Ángeles, querémoste moito!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer