PROXECTO DO MUNDO POLAR: FOLERPAS E IGLÚS

Xa comezou a primavera e estamos moi ilusionados porque xa estamos iniciando un novo proxecto cheo de cores e animaliños misteriosos. pero como vos decíamos a semana pasada queremos ensinarvos as últimas actividades sobre o mundo polar que realizamos fai xa un tempiño: Folerpas absorbentes e iglú xeométrico.

As "folerpas absorbentes" é unha actividade científica na que descubrimos as propiedades do sal a través dunha divertidísima proposta artísitica. Para facer este experimento empregamos cola branca, sal e acuarelas de cores invernais. Como vedes na foto, primeiro tivemos que poñer a cola branca dentro da silueta da folerpa, despois cunha pequena culler botamos o sal moi amodiño e logo de deixalo secar durante un día coloreamos as folerpas dun xeito moi especial... Con só achegar o pincel ao debuxo a cor corría por toda a silueta! Parecía maxia, pero non! o sal estaba absorbendo as cores.
Pero esta non foi a única actividade de arte que fixemos este inverno, tamén fixemos un iglú xeométrico trazando liñas  horizontais e verticais e realizando un fonto cun material de traballo novo, boliñas de lá que agarramos con pinzas, pasámolo xenial, mirade!

Cando levemos á casiña o noso caderno de inverno veredes moitas outras actividades invernais que estivemos facendo na aula de infantil, pero agardamos que vos gustaran moito as que selecionamos para poñer na web.
Biquiños voadores familias!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer