MURAIS DE INVERNO

A semana pasada ensinámosvos algunha actividade que fixemos na aula de infantil relacionada co proxecto do mundo invernal. Hoxe continuamos con dúas actividades coas que o pasamos moi, moi ben! A primeira que queremos que vexades é un mural co que experimentamos coas texturas e as cores do inverno, mirade!

Como non podemos traer a neve á aula decidimos crear a nosa propia neve empregando espuma de afeitar, era suave desfacíase nas mans igual que cando as folerpas nos caen no nariz ou no pelo. Primeiro manipulamos este especial material artístico cun depresor pero... non tardamos moito en empregar as nosas mans. Foi divertidísimo!
Pero como queríamos facer un fondo con cores do inverno para colocar os nosos debuxos de osos polares, focas, baleas ou iglús, engadimos unha pizquiña de témpera azul, quedou xenial!

E seguindo co proxecto creamos un minimundo no que colocamos as esculturas dos animais do inverno que fixemos con rolos de papel. Para que parecese unha paisaxe do Polo Norte pintamos con rodillos e pinceis e defixemos techopán para crear un montón de neve, ao principio foi algo difícil pero pouquiño a pouco conseguimos desfacer os "bloques de xeo" convertíndoos en pequenas folerpiñas.

Pois isto foi todo por hoxe, a semana que ven faremos unha última entradiña sobre o inverno. Moitos biquiños voadores familias!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer