Proposta de tarefas Ciencias Sociais 4º 5º e 6º

TAREFA CIENCIAS SOCIAIS 4º5º6º (DO 8 Ó 15 DE XUÑO) 

Ola a todos/as,

Este rarísimo curso está a piques de rematar, e eu teño a sensación de que me quedaron moitas cousas por contarvos e por saber de vós. Tedes a mesma sensación?

Unha das cousas que me quedou por facer foi poñervos aquela película que vos prometera para o remate do curso… lembrades?

Na “tarefa final” en Edixgal tedes o enlace para vela.

Recoméndovos que a descarguedes no voso ordenador, iso si, lévalle un ratiño.

A tarefa desta semana (posta en Edixgal, no último tema de Sociais) consistirá en ver a película e que me contedes de que color é a bola da lembranza (segundo a película) que vos deixa este curso, e por que. E se vos quedou algo por contarme, por favor, facédeo.

Debedes escribir un writer, ou si podedes, grabádevos nun vídeo cortiño e adxuntádeo na tarefa. Contestareivos a todos/as.

Tamén vos envío unha enquisa para que valoredes como vos foi neste curso. Podedes poner o voso nome nela, para que eu saiba quen o escribiu, ou deixalo en branco, e así será anónima. Tamén tedes o enlace no Edixgal.

Agardo que todos/as alcancedes as vosas metas futuras; con esforzo, traballo e ilusión conseguirédelo. Nunca vos rindades ¡!

Sede moi felices, unha aperta moi grande,

Rubén.

 

 

 

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer