Proposta semanal Educación Infantil

PROPOSTA SEMANAL EDUCACIÓN INFANTIL

Ola nenas e nenos!
Esta semana propóñovos (coma sempre) unha actividade para cada día e, neste caso, relacionadas cun conto moi chuli que se titula “A eiruguiña comellona”. A traballar moito!

LUNS: (vemos e escoitamos o conto): para empezar a semana, escoitamos e vemos o conto de “A eiruguiña comelloma” https://www.youtube.com/watch?v=tsRlCvXmpTU Prestade moita atención, hai que fixarse ben como é a eiruga, que come cada día...


MARTES: (facemos a “nosa eiruguiña”): hoxe imos facer nós, unha eiruguiña ben parecida á do conto e, para iso, imos empregar FROITA. Aquí vos deixo imaxes de dúas ideas e tamén un enlace a unha receita para facela:

https://www.menudospeques.net/alimentacion-nutricion/recetas-cocina/taller-cocina-infantil/

MÉRCORES:(a letra M): esta semana imos traballar coa letra M de mazá, que é unha das froitas que come a eiruga. Imos facer nun folio varias M en maiúscula (familias: podedes axudarlles, ou mesmo escribilas vós con lapis, e que os peques as repasen con rotulador), poden ser de distintos tamaños. E, unha vez feitas, ímolas decorar coa nosa técnica habitual de “letras creativas”: pegando por enriba escarvadentes (“palillos” en castelán), plastilina, legumes, flores...; a idea é que se familiarizen co trazo da letra, decorando cada unha das que fagan cun material diferente.


XOVES (“The fruits”): para este día, a teacher Teresa, déixavos unha ficha das froitas para repasar e un quebracabezas interactivo. (Engádoa ó final desta proposta nun documento pdf).


VENRES (“Somos artistas”): para rematar esta primeira semana de xuño, imos imitar a un artista italiano coñecido como Arcimboldo (o curso pasado xa tentamos copiar algunha das súas obras).
Este pintor retrataba persoas empregando (para as partes da cara e do corpo) froitas e verduras, podedes poñer o seu nome no buscador de internet e ver algunha das súas obras para inspirarvos.
A proposta de hoxe consiste e “retratar” unha cara coa técnica de Arcimboldo. Para iso tedes que recortar de revistas, folletos publicitarios, etc. froitas e verduras e pegalas na plantilla de retrato que vos deixo, ata compoñer unha cara con elas. Por exemplo: usando brécol para facer o pelo, tomates para os ollos, plátanos para as orellas, pemento para a boca, as cellas con pirixel...

Coma sempre, déixovos un caderno cunha ficha para cada día desta semana e engado a maiores, outro caderno con fichas baseadas no conto. Elixide e facede o que mellor se adapte a cada un de vós. Espero as fotos dos vosos traballos (mariagonzalezabelaira@edu.xunta.gal).


Un bico.
María

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer