Proposta semanal actividades Educación Infantil

PROPOSTA SEMANAL DE ACTIVIDADES EDUCACIÓN INFANTIL

Ola nenas e nenos!
Iniciamos unha nova semana, a das LETRAS GALEGAS. Este ano o 17 de maio dedícase a RICARDO CARVALHO CALERO, neste enlace: https://www.youtube.com/watch?v=nwhKFNhemxY, podedes ver e escoitar unha biografía do autor, narrada por nenas e nenos dun cole de Ourense. Imos logo dedicar a maior parte das actividades desta semana, a gozar da obra de R. Carvalho Calero e a lembrar o afortunadas/os que somos, por vivir nunha Comunidade Autónoma que fala dúas linguas, na que conviven dúas culturas... ADIANTE!


LUNS: para hoxe déixovos unha caricatura do autor para que fagades con ela un collage: podedes colorearlle as partes da cara de moitas cores e pegar na súa chaqueta papeliños de cores. Tamén vos propoño escribir o seu nome e apelidos en letras grandes e maiúscula (RICARDO CARVALHO CALERO) e continuar coa nosa técnica de “palabras creativas”, pegando por enriba de cada letra anacos de papel de xornal, revistas con moitas letras.


MARTES: hoxe propóñovos escoitar un conto que escribiu o autor para nenos/as: “As pitas baixo a choiva” (https://www.youtube.com/watch?v=8VrdvVwY1rA) e logo facer o quebracabezas da pita que vos deixo ao final desta explicación.


MÉRCORES: xa que estamos na semana das nosas letras galegas, déixovos o enlace a un artigo escrito por unha veciña de As Nogais (Laura Pardeiro), que merece a pena ser lido en familia, a modo de conto para as nenas e nenos. Pertence á revista de publicación on line chamada Leiras e Marcos. Esta psicóloga de profesión, escribe con humor, retranca e, sobre todo, dende o amor á súa terra, e ao rural. O artigo é:“Memorias dunha nena rural”:Picade na seguinte ligazón para velo: https://leirasemarcos.wixsite.com/leirasemarcos/post/memorias-dunha-nena-rural


XOVES: hoxe teredes que facer un debuxo sobre algún aspecto ou tema da cultura galega. É a proposta do cole para celebrar AS LETRAS GALEGAS 2020. A explicación da proposta está colgada na nosa web. Lembrade que o importante non é o debuxo “perfecto” se non que o valor está en que sexa feito por vós. Adiante artistas!


VENRES: a profe Mª Carmen déixavos para hoxe un traballiño sobre animais.

Indicacións:
Observar a ficha (adxunto), nomear os animais, dialogar sobre o que están a facer, como se senten...
Lembrar algunha festa, celebración familiar... na que teñan participado, e comentar que nestas compartimos alegría, comida, espazo...
Facer un debuxo, dunha festa na que teñan participado, ( poden debuxar o que máis lles gustase desa festa).
Colorear os animais (no caso de que impriman a ficha), e inventar un conto, partindo, do que aparece na ficha, no que eles tamén poidan ser protagonistas.


Un bico
María

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer