Actividade para tod@s sobre as Letras Galegas 2020: Corazón galego.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020
 
HOMENAXEADO: RICARDO CARVALHO CALERO
 
Para a conmemoración do día das letras galegas 2020 tan especial como o que estamos a vivir, o CEIP As Nogais propón valorar, ensalzar e querer a nosa cultura popular. Para iso, propoñemos a actividade Corazón Galego”. Unha actividade que consiste en realizar un debuxo có seu nome sobre un aspecto ou tema da cultura galega. Para orientarvos un pouco, propoñemos unha serie de exemplos:
 
  • Instrumentos musicais (gaita, zanfona, pandeireta...)
  • Plantas (toxo, carballo, castiñeiro...)
  • Animais ( vaca, cocho...)
  • Construcións (hórreo, cabazo,cruceiro...)
  • Ferramentas do traballo (sacho, forcada, fouce...)
  • Comidas (polbo, empanada, cocido...)
  • Vestimentas (traxe de galego/a...)
  • Simboloxía (trisquel, bandeira, escudo...)
  • Mitoloxía (santa compaña, meigas, trasnos...)
 
Vós, tamén, podedes facer aportacións persoais!
 
Os traballos deben ser persoais e a data límite para a súa entrega será o venres 15 de maio.
 
Debedes enviar unha fotografía ao correo electrónico do colexio: ceip.nogais@edu.xunta.gal
 
 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer