Proposta actividades Educación Infantil

PROPOSTA ACTIVIDADES EDUCACIÓN INFANTIL

Ola nenas e nenos!
Xa estamos no mes de maio, mes das flores... e no que se celebra unha das festas máis bonitas e vistosas da nosa cultura: a festa dos maios. Partindo dela, déixovos a proposta de actividades para esta semana:


MARTES: animádesvos a elaborar un MAIO?. Teredes que buscar flores, herbas, pedriñas, incluso podedes empregar froita e ata ovos cocidos!. Hai moitas variedades de maios: tipo escultura, tipo alfombra e incluso complementos, coma colares ou pulseiras de flores. Déixovos algunha foto, por se precisades ideas:

        

Dando continuidade á actividade de “palabras creativas” da semana pasada, podedes usar a palabra MAIO, escribíndoa con letras grandes e colocando por riba das súas letras, elementos dos maios: flores, pedras, cáscaras de ovo, mondas de laranxa...

Usa a palabra MAIO para completar o teu diario e tamén para engadir na caixa das palabras que creamos a semana pasada.

MÉRCORES: a profe de música déixanos unha proposta para este día: Os instrumentos de vento:
Primeiro escoitamos a canción de Pitusa Semifusa do Vento:
https://www.youtube.com/watch?v=mQNkd_MS6tk

A continuación, facemos a ficha dos instrumentos: hai que ordenar con números do un ó catro segundo vaian aparecendo na canción. Ó finalizar dalles un pouco de cor.
Por último, fabricamos un xoguete para soplar, para iso precisaremos a axuda da familia. Seguide o seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=2epX5zjioOA

Unha vez que temos o noso xoguete, volvemos a escoitar a canción e cando diga “sopla o
vento, sopla o vento...” soplamos no noso xoguete e movemos esa boliña de papel.

XOVES: a teacher envíavos para imprimir unha ficha sobre flores.


VENRES: anímovos a escoitar e aprender “O maio” poema de Manuel Curros Enríquez, cantado por Luís Emilio Batallán: https://www.youtube.com/watch?v=mzZHGT28ZpA.

Déixovos o caderno de actividades desta semana.

Lembrade compartir con nós aquelas actividades e traballos que vos apeteza, para colgar na web do cole.


Boa semana!
María

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer