Proposta semanal actividades Educación Infantil

Ola nenas e nenos:

Comezamosoutra semana de primavera! Nesta estación, moitos animais que hibernaron durante o inverno, comezan agora a asomar polos nosos bosques e prados, entre eles o OURIZO CACHEIRO. Así que as actividades desta semana xiran arredor deste animal tan especial.

 

LUNS: hoxe ides ver un vídeo onde aparece un ourizo cacheiro: https://www.youtube.com/watch?v=DiTDR8_rVNw. E, a continuación, tedes que completar a páxina do voso diario: escribindo o nome deste animal salvaxe (OURIZO CACHEIRO) e debuxándoo (non esquezades facerlle moitas pugas pinchudas!).

 

MARTES: neste día ides empregar as vosas formidables habilidades artísticas, facendo vós mesmos un ourizo cacheiro. Precisades:

-plastilina.

-escarvadentes ou espaguetes.

 

MÉRCORES: para hoxe, tedes que recortar e pegar o quebracabezas do ourizo (que vos deixo máis abaixo para imprimir) despois de copiar a serie numérica. Elixe o teu quebracabezas segundo a túa idade ou habilidades!

 

XOVES: hoxe é o DÍA DO LIBRO, así que te animo a que fagas a actividade proposta dende a biblioteca do cole que está colgada tamén na páxina web.

 

VENRES: para rematar a semana, imos lembrar a canción de “O Tío Nicanor”, que cantamos e bailamos moitas veces na clase; o Tío Nicanor ten unha casa moi grande chea de animais. Estate moi atenta/o porque tamén ten un ourizo cacheiro que anda en bicicleta! Tes que escoitar e atopar! https://www.youtube.com/watch?v=QMrpNPHj-D4

 

  • Tamén vos deixo, coma sempre, un caderno de actividades sobre o ourizo cacheiro.

  • Lembrade compartir aquelas fotos que vos apetece, nas que se vos vexa facendo as actividades suxeridas.

 

Moitos bicos!

 

María

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer