Proposta actividades para Educación Infantil

PROPOSTA DE ACTIVIDADES EDUCACIÓN INFANTIL

Queridas familias!
Que vos parece, se recollemos todas esas actividades que estades a facer na casa nun bonito DIARIO, que cando volvamos ao cole, poidamos amosar e compartir cos nosos/as compañeiros/as?
Esta é a miña proposta:

Titularase:
NENA/O)

“O DIARIO DE...... (NOME DE CADA)
Comezaredes elaborando a portada: nun folio apaisado (en horizontal), decorado ao voso gusto, escribiredes con letras grandes e maiúsculas o título que sinalaba no punto anterior. Incluso podedes pegarlle unha foto vosa.


Cada páxina deste bonito diario, pode ser algo así: a continuación déixovos unha “plantilla modelo” completada por min a modo de exemplo, e outra en branco por se queredes imprimila.

*Os vosos fillos/as xa saben escribir moi ben as letras en maiúscula e os números, podedes escribírllelos vós noutro papel e eles copian sen problema! Deixádeos facer e desfrutade con
eles!


Tamén vos deixo un CADERNO DE 5 FICHAS para imprimir, unha para cada día da semana, con contidos de repaso do traballado ata agora. Moito ánimo e moitos bicos para os peques, non esquezades que todos xuntos conseguirémolo! Este é o meu correo electrónico por se queredes contactar comigo: mariagonzalezabelaira@edu.xunta.gal

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer