Recomendacións Educación Infantil.

 TITORÍA DE EDUCACIÓN INFANTIL CEIP AS NOGAIS

 

Desde a titoría de Educación Infantil, quero deixarvos estas

RECOMENDACIÓNS, para estes días que non imos estar no cole:

  • Falade moito e compartide os estados de ánimo e emocións.

  • Seguide unhas rutinas diarias parecidas ás da escola, e non esquezades marcar a data no calendario!

  • Xoga moito coas mans: con plastilina, rachando papel, recortando, pintando con témperas, pincel, ceras...

  • Podedes inventar xogos sinxelos con materiais que tedes pola casa: enebrar macarróns en lá, clasificar pinzas da roupa: por colores, por tamaños, contándoas, facendo series...

  • Xogade con fabas e garavanzos: facendo series con eles, contándoos, clasificándoos, sumándoos, restándoos...

  • Facede grafismos sinxelos que logo a nena/o pode repasar con rotulador ou cos seus dediños: trazos rectos, curvos, espirais, caracois...

  • Lede cada día un conto xuntos.

  • Xogade a buscar palabras que empecen pola letra...

  • Escribide palabras e números.

  • Facede cada día un debuxo, ponlle o teu nome e a data! Cos debuxos podedes facer un DIARIO que logo podes traer ao cole para ensinar e comentar aos teus amigos/as!

  • Escoita música e baila, e canta moito!

  • Xogade con conceptos básicos: arriba-abaixo, diante-detrás, moitos-poucos, algún-ningún, longo-curto, dentro-fóra, máis que-menos que...

  • Buscade en obxectos da casa figuras xeométricas: círculo, cadrado, triángulo...

  • Movede o corpo: saltando “á pata coxa”, cos dous pés xuntos, gateando, mantendo o equilibrio, camiñando nas puntas, nos calcaños, botade carreiras...

  • Sube e baixa cremalleiras, abotóate e desabotóate, vístete e íspete soíño/a.

  • Colabora nas tarefas do fogar.

  • Fala por videochamada de WhatsApp coas túas amigas/os do cole!

Espero que estas orientacións vos sirvan de axuda; son actividades que podedes facer en familia, coas que se reforzan contidos traballados e que axudan a non esquecer hábitos e rutinas adquiridas.

 

Moitas gracias pola vosa colaboración!

 

 

María González Abelaira

 Titora de E.I.

 CEIP AS NOGAIS

 

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer