Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR

NORMATIVA DE REFERENCIA:

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Publicada no DOG do martes, 19 de maio de 2020

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Do 20 de maio ata o 19 de xuño de 2020

 

FORMAS DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

Para presentación electrónica, entre na aplicación fondolibros da Xunta de Galicia.

Para presentación presencial: utilice os Anexos I e II da Orde de convocatoria e acuda ao colexio en horario de atención ás familias de 10:00 a 13:00 horas

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR:

- ANEXO I debidamente cuberto.

- ANEXO II

- DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

Para o alumnado de Educación Primaria e ESO

a)Anexo II para a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar. No caso de que a persoa solicitante e/ou os membros computables se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente, ademais de achegar os documentos xustificativos:

•DNI ou NIE

•Declaración do imposto sobre as persoas físicas ou, á falta deste, o certificado tributación de imputacións no exercicio 2018.

•Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia

•Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ao 33%)

b)Se o solicitante posúe DNI ou NIE:

▪Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.

 ▪En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Excepcionalmente, no caso de que o solicitante careza de DNI ou NIE, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

 ◦Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.

◦Certificado ou volante de convivencia.

◦Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artgo4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia no que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c)Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d)Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007,do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e)Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda.

f)Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en titulación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g)Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor e titores carezan de DNI e NIE.

En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro do 2018, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica



story | by Dr. Radut