Skip to Content

Notas informativas

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Xa temos publicadas no taboleiro de anuncios do colexio as LISTAXES DEFINITIVAS de admitidos no Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2020-21.

REPARTIREMOS OS VALES A PARTIR DO 2 DE SETEMBRO

Horario de atención telefónica: de luns a venres de 10:00 a 13:00h.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020-21: LISTAS PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO

Publicación da listaxe provisional do alumnado admitido no noso colexio.

As listaxes provisionais e a súa consulta polas familias só se poderá realizar de forma:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior

do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección

de datos persoais, non se considerará válido ningún outro medio físico de

publicación.

b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado

empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e

Timbre. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos

persoais non se considerará válido ningún outro medio electrónico de publicación.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR

NORMATIVA DE REFERENCIA:

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Publicada no DOG do martes, 19 de maio de 2020

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Do 20 de maio ata o 19 de xuño de 2020

 

FORMAS DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

Para presentación electrónica, entre na aplicación fondolibros da Xunta de Galicia.

Para presentación presencial: utilice os Anexos I e II da Orde de convocatoria e acuda ao colexio en horario de atención ás familias de 10:00 a 13:00 horas

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR:

- ANEXO I debidamente cuberto.

- ANEXO II

- DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

Para o alumnado de Educación Primaria e ESO

a)Anexo II para a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar. No caso de que a persoa solicitante e/ou os membros computables se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente, ademais de achegar os documentos xustificativos:

•DNI ou NIE

•Declaración do imposto sobre as persoas físicas ou, á falta deste, o certificado tributación de imputacións no exercicio 2018.

•Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia

•Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ao 33%)

b)Se o solicitante posúe DNI ou NIE:

▪Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.

 ▪En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Excepcionalmente, no caso de que o solicitante careza de DNI ou NIE, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

 ◦Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.

◦Certificado ou volante de convivencia.

◦Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artgo4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia no que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c)Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d)Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007,do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e)Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda.

f)Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en titulación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g)Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor e titores carezan de DNI e NIE.

En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro do 2018, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica

REAPERTURA PLAZO ADMISIÓN ALUMNADO

ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2020-21

 

Con data de hoxe, 6 de maio de 2020, publícase no DOG información importante para as familias que aínda non presentaron a solicitude de admisión dos seus/súas fillos/as en centros educativos.

No noso colexio afectaría ao alumnado que vai a entrar en 4º de Educación Infantil (3 anos) no vindeiro curso 2020-21.

Tamén teñen que telo en conta as familias do alumnado de 6º de Educación Primaria que pasa a 1º da ESO.

O CENTRO ABRIRASE UNICAMENTE PARA A REALIZACIÓN DESTES TRÁMITES.

ACONSÉLLASE PEDIR CITA TELEFONICAMENTE.

 

DOCUMENTACIÓN A APORTAR:

  • Formulario ED550B cuberto e asinado por ambos proxenitores (enlace)
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Fotocopia DNI dos proxenitores (e do neno ou nena en caso de que o teña).
  • Volante de empadroamento.
  • Certificado médico.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • 3 fotografías
  • En caso de separación/divorcio, copia de sentencia na que conste custodia ou outras medidas de interese.

 

Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obriga­toria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se de­clarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

2. Novos prazos do procedemento.

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

b) Novos prazos do proceso:

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bachare­lato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

3. Adxudicación subsidiaria de postos escolares.

Con carácter excepcional, non se constituirán as comisións de escolarización. Todas as funcións para a adxudicación subsidiaria de postos escolares que se atribúen ao dito órgano do proceso de admisión serán asumidas e desenvolvidas polos servizos territoriais de Inspección educativa de cada unha das xefaturas territoriais da Consellería.

4. Publicación.

Sen prexuízo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución tamén se pu­blicará na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e procurarase a súa máxima difusión entre todos os centros educativos afectados polo proceso.

ABALARMÓBIL - TOKAPP

A PARTIR DO MES DE MAIO XA NON EMPREGAREMOS A APLICACIÓN TOKAPP SCHOOL

E UTILIZAREMOS A APLICACIÓN ABALARMÓBIL COMO MEDIO DE COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS

Distribuir contido


by Dr. Radut