Taboleiro

Fondo libros e material 2020/2021

Está aberto o prazo para participar no fondo solidario de libros de texto (3º E 4º de Primaria), solicitar as axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º de Primaria) e material escolar (toda primaria). O prazo de presentación das mesmas remata o 19 de xuño

Co obxectivo de gardar as medidas requiridas polas Autoridades Sanitarias, segundo as instrucións que se derivan da situación de Estado de Alarma na que nos atopamos, rogámoslles que sigan as instrucións recollidas no seguinte documento: Fondo libros e material

Esta información está tamén dispoñible na páxina web do colexio: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmontemogos/node/331

 

Restablecemento do prazo de presentación de solicitudes de admisión

Restablecemento do prazo de presentación de solicitudes de admisión

Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se de-clarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

Outros prazos do proceso:

  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño.

  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

 

 

Pregámoslles que por motivos de seguridade, se teñen pensado asistir ao centro soliciten cita previa no teléfono 886 15 11 15.

 

 

Información importante acerca do 3º trimestre

Logo das instrucións da Dirección Xeral de Educación publicadas o 27 de abril de 2020, consideramos importante informar que:

O centro e o profesorado estamos a revisar as programacións didácticas para centrar as actividades lectivas do derradeiro trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberían desenvolver os alumnos e as alumnas.

A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso. Terá en conta os dous primeiros trimestres así como as actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que se desenvolvan durante o terceiro trimestre sempre e cando se beneficie ao alumnado.

traballo do terceiro trimestre servirá para recuperar as avaliacións pendentes ou mellorar a cualificación final. As materias non superadas da primeira e/ou da segunda avaliación poderán recuperarse co traballo e as probas que se poidan facer durante o terceiro trimestre. 

Aviso importante

Logo da información facilitada pola Xunta de Galicia, o profesorado programará actividades para que alumnado realice no seu domicilio. Estas actividades faranse chegar por medio da páxina web, abalar ou blogs do centro a partir do vindeiro luns día 16 de marzo do 2020. Ditas actividades non terán carácter avaliable.

http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

Iniciar sesión: Acceso
Distribuir contido