Skip to Content

blogue deceip.montemogos

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025

 

Informamos que todo o alumnado que solicitou praza para o vindeiro curso no CEIP Plurilingüe Montemogos, está admitido.

 

Recordamos que haberá que formalizar matrícula dende o 20 ao 30 de xuño.

 

 

Admisión curso 2024-2025

Infórmase que a partir do venres día 1 de marzo ábrese o prazo de admisión de alumnado ata o luns día 20 de marzo.

Documentación necesaria para o procedemento de admisión:

  • Anexo II:  Solicitude ED550B (será facillitado gratuitamente na secretaria do centro) tamén estará disponible no seguinte enlace: ANEXO II
  • Copia do libro de familia.
  • Copia do DNI de ambos proxenitores.
  • No caso de separación ou divorcio, será necesario presentar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, se é o caso.
  • Certificación académica (no caso de cambio de centro)

Para acceder á normativa que regula o procedemento de admisión preme:

- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro

- Orde do 21 de outubro de 2022

- Orde do 23 de maio de 2023

Outras datas de interese que regulan o procedemento de admisión:

1 ao 20 de marzo

Prazo de presentación de solicitudes de admisión (novo alumnado ou alumnado que cambia de centro escolar)

21 de marzo ao 5 de abril

Presentación da documentación (soamente no caso de baremo)

 

25 abril

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.

15 maio

Publicación das listaxes definitivas.

20 ao 30 de xuño

Formalización matrícula en Educación Infantil e Primaria.

23 de xuño ao 7 de xullo

Formalización matrícula en Educación Secundaria.

 

Ademais infórmase da vacantes para o vindeiro curso 2024-2025 

 

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2023-2024

CURSO

PRAZAS VACANTES

PRAZAS VACANTES PARA NEAE

4º Educación Infantil

20

3

5º Educación Infantil

11

 

6º Educación Infantil

6

 

1º E. Primaria

9

2

2º E. Primaria

0

 

3º E. Primaria

12

 

4º E. Primaria

9

 

5º E. Primaria

8

 

6º E. Primaria

6

 

 

 

Restablecemento do prazo de presentación de solicitudes de admisión

Restablecemento do prazo de presentación de solicitudes de admisión

Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se de-clarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

Outros prazos do proceso:

  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño.

  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

 

 

Pregámoslles que por motivos de seguridade, se teñen pensado asistir ao centro soliciten cita previa no teléfono 886 15 11 15.

 

 

Aviso importante

Logo da información facilitada pola Xunta de Galicia, o profesorado programará actividades para que alumnado realice no seu domicilio. Estas actividades faranse chegar por medio da páxina web, abalar ou blogs do centro a partir do vindeiro luns día 16 de marzo do 2020. Ditas actividades non terán carácter avaliable.

http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

Distribuir contido


by Dr. Radut