Skip to Content

ADMISIÓN COMEDOR ESCOLAR . CURSO 2018-2019

Seguindo os criterios de admisión descritos na instrución 2/2018 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta e tendo en conta que o número de prazas ofertadas para o curso 2018-2019 é de 193; todo alumnado que presentou solicitude de comedor escolar obtén praza na modalidade solicitada (fixa ou fixa discontinua).

As familias dos comensais admitidos deberán presentar o modelo de autodeclaración cuberto en todos os seus apartados na secretaría do centro, dende o 3 de setembro ata o 12 de setembro de 2018.

As familias que non presenten o modelo de autodeclaración en prazo, serán encadradas de oficio no tramo de pagamento correspondente a 4,50 € por día de servizo.

AdjuntoTamaño
anexo II.pdf692.87 KB


story | by Dr. Radut