Skip to Content

PONTEAREAS

O municipio de Ponteareas, situado ao sur da provincia de Pontevedra, está situado na comarca de Condado e Paradanta. Ao norte limita con Mondariz-Balneario e Pazos de Borbén, ao sur con Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño; ao leste con Mondariz e As Neves e ao oeste con Mos e Porriño.


Consta cunha extensión de 126,2 km2 e está formado por 24 parroquias que suman uns 23.500 habitantes, o que o converte nun dos maiores municipios da provincia de Pontevedra.
Ponteareas é, hoxe en día, unha vila que ofrece aos seus residentes os servizos necesarios para vivir comodamente. A súa gran oferta comercial, inmobiliaria e de servizos, unido á súa proximidade e boas comunicacións con Vigo (a cidade máis grande de Galicia) permitiulle ter un dos crecementos demográficos máis altos da comunidade galega nos últimos anos.

A Festa máis representativa de Ponteareas é, sen dúbida, o CORPUS CHRISTI. A confección das alfombras florais serviulle a Ponteareas para ser coñecida como "A Vila do Corpus".
Esta tradición de adornar as rúas con tapices florais para celebrar o paso do Santísimo remóntase a 1857. Desde 1980 ten a categoría de Festa de Interese Turístico Nacional, e, desde o ano 2009, ostenta a categoría de Festa de Interese Turístico Internacional.



story | by Dr. Radut