Skip to Content

SAÍDA CASTRO DE VILADONGA (4º PRIMARIA)

O día 24 de abril os nenos/as de 4º de Primaria viaxaron ao pasado, visitando o "Castro de Viladonga", o museo e fixeron un taller de cerámica...Eles xa sabían moitas cousas da época castrexa, pero o máis chulo de todo foi ver todo o aprendido in situ, foi unha experiencia inesquecible...

 FAI CLIC 

Álbum: CURSO 2023-2024 -> Saída Castro Viladonga (4º primaria)

SEMANA DO LIBRO 2023 (22-26 ABRIL)

 Compartimos con todos vós o traballo realizado por todo o centro en referencia á celebración da Semana do Libro. 

"Un neno/a que le será un neno/a que pense"

Un gran traballo!!!!

 

 

Ilustración de Vector Ilustración De Una Cámara De Fotos De Dibujos ...

LISTA DE ADMITIDOS PROVISIONAL

Publicáronse no taboleiro de anuncios do interior do centro a lista de admitidos provisonais para o curso escolar 2024-2025. Presentación de reclamacións ás listaxes provisionais no prazo de 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da súa publicación.

  • Publicación definitiva 15 de maio.

PROXECTO 3 ANOS: "POLIÑOS"

Os  alumnos/as de 3 anos están a traballar no proxecto "Os Poliños" e no día de hoxe á súa chegada á aula atopáronse cunha gran noticia "O nacemento dos primeiros pitiños". Mañá esperan a chegada dalgún máis.

Deixámosvos as primeiras imaxes dos novos compañeiros/as de aula. 

lindo pollito de dibujos animados nacido de un huevo aislado en un ... 

 

ACTIVIDADES SEMANA DO LIBRO 22-26 ABRIL 2024

Ao longo da semana (22-26 de Abril) o centro ten organizado unha serie de actividades e iniciativas para fomentar a lectura nos escolares. Entre estas actividades:

  • Recuncho "Adopta un Libro"
  • Elaboración de marcapáxinas.
  • Visita de contacontos.
  • Contacontos do alumnado de primaria ao de infantil.
  • Murais e actividades varias.

 

Queda moito traballo por diante,  poderédelo ver a próxima semana.


SEMANA DO LIBRO: CONTACONTOS "A EIRUGA IMPACIENTE"

O venres 19 de Abril os alumnos/as de Educación Infantil ao longo da mañá tivemos a visita dun contacontos (Doris Paz), para iniciar a seguinte semana a celebración do Día do Libro, o conto titulábase "A Eiruga Impaciente".

Ademais puidemos ver e explorar as eirugas tocándoas e observándoas cunha lente, do mesmo xeito que cada un de nós démoslles para comer follas de moreira.

 

PASÁMOLO XENIAL!!!

 

ADMISIÓN ALUMNADO LISTAS PROVISIONAIS

Publicaranse no taboleiro de anuncios do interior do centro o día 25 de abril ás 14.00 horas

SAÍDA CASTRO VILADONGA (6º PRIMARIA)

O venres 22 de marzo o alumnado de 6º de Primaria visitou o "Castro de Viladonga", viaxaron no tempo para adentrarse na cultura castrexa visitando o Castro e coñecendo de primeira man como se organizaban e vivían a sociedade Castrexa. Tamén realizaron unha divertida visita guiada ao museo na que tiveron que buscar información para completar os cadernos de campo. Para rematar participaron nun obradoiro de "pallabarro", técnica empregada na elaboración das vivendas castrexas, agora queda agardar á chegada do Arde Lucus para a nosa seguinte saída.

 

FAI CLIC

Álbum: CURSO 2023-2024 -> Saída Castro Viladonga (6º primaria)

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/2025

21/02/2024

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2024/2025

PARA ACCEDER A INFORMACIÓN PÚBLICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025 Ao final do documente pode visualizar a proposta inicial de prazas que se ofertan no centro. prema aquí

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA ADMISIÓN ALUMNADO 2024-2025

O 27 de febreiro ás 17:10 horas imos ter unha xornada de portas abertas para que coñezades o centro educativo e preguntedes todas as dúbidas no caso de querer matricular aos vosos fillos/as no centro.

Para máis información e ver as actividades que realizamos podedes velo a continuación no seguinte tríptico.

AGARDÁMOSVOS!

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut