Skip to Content

VISITA O LUGO ROMANO (3º PRIMARIA)

Co gallo da celebración do Arde Lucus na nosa cidade e o estudo da Historia, o alumnado de 3º de Ed.Primaria visitou o Museo Provincial, A Casa dos Mosaicos e o campamento romano da Cohors III. O coñecemento físico das fontes materiais que permiten aos historiadores/as investigar o pasado de Lugo, contribuíu a que o alumnado gozase especialmente da aprendizaxe significativa na súa contorna próxima e real e valore e coide o patrimonio que é de todos/as. Do mesmo xeito, formaron parte activa dos festexos galaicorromanos que conmemoran o pasado da cidade e acudiron caracterizados/as ás visitas.

Álbum: CURSO 2023-2024 -> Saída Museo, Casa Mosaicos e campamento

VISITA CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO ALTO MIÑO EN FONMIÑÁ (5º PRIMARIA)

O mércores 12 de xuño A Pastoriza  inagurou o centro de interpretación do Alto Miño en Fonmiñá acompañados dos alumnos/as de 5º Primaria do CEIP Menéndez Pelayo, os do CEIP Anexa de Lugo e os do CEP Menéndez Pidal de Bembibre, participantes no proxecto "Gústame o meu río, ensíname a coidalo", do curso escolar 2023-2024.

As autoridades estrearon o novo centro, que conta con seis paneis explicativos e 16 fotografías da fauna e a flora máis representativa da contorna. A inauguración contou con diversas exposicións dos traballos realizados polo alumnado participante.

 El Progreso 12/6/2024

 

 

VERMES DE SEDA EN INFANTIL

Coa chegada da primavera saíron os vermiños dos ovos. En Infantil encargámonos de coidalos dándolles follas da moreira, xa que é o seu alimento. Non paraban de comer e fixéronse moi grandes. Durante semanas todos os grupos observamos  como se transformaban ata convertirse en bolboretas.

Foi unha experiencia de aula moi motivadora!

 SEMANA DO LIBRO CONTACONTOS

(venres 19 de Abril Doris Paz)

PROXECTO: "POLIÑOS" ( 3 ANOS)

Os alumnos/as de 3 anos do cole traballamos o proxecto dos poliños grazas á colaboración da granxa Avimós e aos seus ovos das galiñas de Mos.

Nas aulas tivemos incubadoras con ovos recreando as condicións nas que as galiñas incuban os ovos na natureza. Aos 10 días xa se podían ver no ovoscopio os poliños dentro da casca e aos 21 días dende o inicio comezaron a nacer. Estiveron unhas semanas na aula mentres seguiamos investigando que comen, as partes do seu corpo, a súa pel... e ata plantamos os arredores dunha granxa aproveitando a chegada da primavera.

 

Deixamos un pequeniño vídeo resumo destes últimos meses nas aulas.

CONCERTO INSTRUMENTOS TRADICIONAIS (EDUCACIÓN INFANTIL)

Hoxe día 7 de xuño A Tradescola, centro de ensino da música, do canto e do baile tradicional galego xestionado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo, quixo achegar ao alumnado de Infantil á música tradicional coñecendo diferentes instrumentos. Permitindo ao alumnado adquirir unha formación na música e no baile tradicional e difundindo a nosa cultura.

 

 

EXCURSIÓN MARCELLE (5º / 6º INFANTIL E 4º PRIMARIA)

O alumnado de Infantil e de 4º de Primaria visitou Marcelle Natureza o día 4 e 6 de xuño. O centro, que acaba de ser recoñecido como centro de rescate, ensinounos a importancia de coidar o medio no que vivimos, respectar o hábitat de cada especie e que non debemos de interferir na vida dos animais salvaxes. 

Explicáronnos porque están nese centro os animais en vez de na natureza. E vimos que o ser humano ás veces fai moito dano, pero que tamén hai xente que adica a súa vida a coidar dos animais e da natureza. 

 

Pasamos un día moi bonito e desfrutamos un montón.

 

SECCIÓNS BILINGÜES

Participan neste Programa, o alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria. O obxectivo do mesmo é a comunicación e a comprensión do idioma inglés, dun xeito natural e creativo a través da materia de Plástica e coa axuda dun auxiliar de conversa, este curso de orixe india.

Este ano académico coñecemos a Yayoi Kusama, a técnica do Whirligig paper, celebramos Halloween/ Samaín, Christmas, Carnival, o Día do Libro; conmemoramos as festividades de India, Holi e Diwali e fixemos un fashion show. Intentamos usar, na medida do posible, materiais reciclados e a aula de Polos Creativos do centro.

 

EXCURSIÓN CASTRO VILADONGA (3º PRIMARIA)

O alumnado de 3º de Ed.Primaria visitou este mércores o Castro de Viladonga, un dos poboamentos galaico-romanos máis importantes do noroeste peninsular. Aproveitando os contidos curriculares da área de Ciencias Sociais, traballamos o tempo e o pasado histórico para coñecer a orixe dos nosos ancestros/as e quen somos no presente: cultura castrexa e romanización. A forma de vida no castro, a visita ao museo e un obradoiro sobre o lume prehistórico fixeron da mañá unha experiencia moi didáctica e divertida.

Álbum: CURSO 2023-2024 -> Castro de Viladonga (3º primaria)

EXCURSIÓN "ALDEA DAS FORMIGAS" (3 ANOS)

Hoxe día 3 de xuño de 2024 o alumnado de 4° de Infantil visitou a "Aldea das Formigas" onde viron varias creacións como personaxes, nave espacial , coches fantásticos... todos eles feitos con materiais de reciclaxe por José Ramón. Ademais o seu dono e creador tamén nos convidou á súa casa onde nos mostrou os seus animais e outros lugares interesantes que construíu el mesmo nos seus arredores.

Álbum: CURSO 2023-2024 -> Excursión Aldea das Formigas (3 anos)

FIN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CONCELLO

O 31 de maio rematan as actividades extraescolares do Concello do curso escolar 2023-2024.

Distribuir contido


by Dr. Radut