Skip to Content

PROGRAMA LETRAS GALEGAS 2024

 

 

 

PLANTAMOS "O NOSO XARDÍN" (PROXECTO 3 ANOS OS POLIÑOS)

Os alumnos/as de 3 anos tamén pintaron a súa granxa e plantaron o xardín que lle rodea para coñecer así o mundo dos animais e en especial o dos pitiños que teñen na aula.

 

 

Ilustración de Vector Ilustración De Una Cámara De Fotos De Dibujos ...

PLANTAMOS "O NOSO XARDÍN " (4 ANOS)

Os alumnos/as de 4 anos o venres 3 de maio comezamos o "mes das flores" coa nosa plantación de céspede. Plantación moi especial, porque cada un pintou e decorou a súa casiña e agora fáltalle o seu xardín esperamos que pronto creza para ver o resultado.

FAI CLIC

Álbum: CURSO 2023-2024 -> Plantación "O xardín da nosa casiña" (4 anos)

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (13-16 MAIO)

Comezamos o mes das Letras, este ano dedicadas a Luisa Villalta, muller polifacética e amante das artes. No colexio estámonos preparando para coñecela e saber da súa vida e obra, así como das nosas Letras. Ademais de abondosas actividades de clase, estamos organizando para a semana do 13-16 de maio outros actos para deleite de todo o centro.

 

Os concellos recibirán axudas da Xunta de Galicia para promocionar o ...   Real Academia Galega

 FAI CLIC

Click Vector Images (over 94,000)

 

SAÍDA CASTRO DE VILADONGA (4º PRIMARIA)

O día 24 de abril os nenos/as de 4º de Primaria viaxaron ao pasado, visitando o "Castro de Viladonga", o museo e fixeron un taller de cerámica...Eles xa sabían moitas cousas da época castrexa, pero o máis chulo de todo foi ver todo o aprendido in situ, foi unha experiencia inesquecible...

 FAI CLIC 

Álbum: CURSO 2023-2024 -> Saída Castro Viladonga (4º primaria)

SEMANA DO LIBRO 2023 (22-26 ABRIL)

 Compartimos con todos vós o traballo realizado por todo o centro en referencia á celebración da Semana do Libro. 

"Un neno/a que le será un neno/a que pense"

Un gran traballo!!!!

 

 

Ilustración de Vector Ilustración De Una Cámara De Fotos De Dibujos ...

LISTA DE ADMITIDOS PROVISIONAL

Publicáronse no taboleiro de anuncios do interior do centro a lista de admitidos provisonais para o curso escolar 2024-2025. Presentación de reclamacións ás listaxes provisionais no prazo de 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da súa publicación.

  • Publicación definitiva 15 de maio.

PROXECTO 3 ANOS: "POLIÑOS"

Os  alumnos/as de 3 anos están a traballar no proxecto "Os Poliños" e no día de hoxe á súa chegada á aula atopáronse cunha gran noticia "O nacemento dos primeiros pitiños". Mañá esperan a chegada dalgún máis.

Deixámosvos as primeiras imaxes dos novos compañeiros/as de aula. 

lindo pollito de dibujos animados nacido de un huevo aislado en un ... 

 

ACTIVIDADES SEMANA DO LIBRO 22-26 ABRIL 2024

Ao longo da semana (22-26 de Abril) o centro ten organizado unha serie de actividades e iniciativas para fomentar a lectura nos escolares. Entre estas actividades:

  • Recuncho "Adopta un Libro"
  • Elaboración de marcapáxinas.
  • Visita de contacontos.
  • Contacontos do alumnado de primaria ao de infantil.
  • Murais e actividades varias.

 

Queda moito traballo por diante,  poderédelo ver a próxima semana.


SEMANA DO LIBRO: CONTACONTOS "A EIRUGA IMPACIENTE"

O venres 19 de Abril os alumnos/as de Educación Infantil ao longo da mañá tivemos a visita dun contacontos (Doris Paz), para iniciar a seguinte semana a celebración do Día do Libro, o conto titulábase "A Eiruga Impaciente".

Ademais puidemos ver e explorar as eirugas tocándoas e observándoas cunha lente, do mesmo xeito que cada un de nós démoslles para comer follas de moreira.

 

PASÁMOLO XENIAL!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut