Skip to Content

Blogues

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2020-2021, PARA NOVO ALUMNADO

Ábrese o prazo para presentar a documentación para a matrícula de novo alumnado (curso 2020-2021). A documentación poderase retirar na Secretaría do centro ou descargar da propia web (Adxunto). O prazo estará aberto ata o vindeiro 10 de xullo (incluído).

Horario: 10:00 -13:00

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO CURSO 2020 -2021

UNHA VEZ REMATADO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA NOVO ALUMNADO, CURSO 2020 -2021:

 

  • As listaxes de admitidos/as están publicadas no taboleiro da entrada a secretaría do colexio.
  • En cumprimento da Lei de Protección de Datos estas listaxes non poderán ser visibles dende o exterior nin poden ser publicadas na web.
  • Todo o alumnado que solicitou praza en 4º de infantil (3 anos) foi admitido ao non completarse o número total de vacantes.
  • O prazo de matrícula será do 1 ao 10 de xullo. Poñerémonos en contacto con todas as familias para realizar este proceso.

 

Axudas para material escolar 2020-2021

Segundo orde publicada o 20 de maio de 2020, ábrese o prazo para solicitar axudas de material escolar para o vindeiro curso 2020-2021 (Pódese consultar orde no seguinte enlace):

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200519_axudas_libros.pdf

 

  •  O PRAZO PARA AS SOLICITUDES ESTARÁ ABERTO ATA O 19 DE XUÑO DE 2020.

 

  •  As axudas están destinadas para o alumnado que cursará educación primaria (de 1º a 6º) durante o vindeiro curso 2020-2021.

 

  • O alumnado que actualmente cursa 6º de primaria e fixo a solicitude de reserva para secundaria, deberán presentar a solicitude no centro de destino (consultar páxina web do centro). No caso do centro adscrito IES de Meaño o horario de atención ao público é de luns a venres de 10 a 13 horas (documentación e información dispoñible na páxina http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmeanho/ e no teléfono 886 15 13 67).

 

  • Para facer a solicitude e facilitar o distanciamento social, minimizando o tempo de estancia no centro, poñemos a disposición as seguintes canles de presentación das solicitudes:

 

  1. Cubrila directamente en sede electrónica. (Procedemento ED330B)
  2. Facer a solicitude a través do teléfono do centro: 886151371. Neste caso solicitaranse algúns datos telefonicamente e o solicitante deberá asistir ao centro, con cita previa, en horario de oficina (10 a 13, de luns a venres) unicamente a firmar e presentar a documentación solicitada (libro de familia , nos casos de separación ou divorcio, sentencia xudicial e certificado de discapacidade maior do 33%, de ser o caso, dalgún dos membros computables da familia).
  3. Descargar impreso na páxina web do centro ou sede electrónica para facer a xestión de forma presencial (tamén hai solicitudes a disposición na secretaría do centro aínda que recomendamos non cubrir o impreso na escola para respectar o distanciamento social).

 

AGRADECEMOS A SÚA COLABORACIÓN.

REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2020-2021

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2020-21 ABERTO

 

Estimadas familias:

Entre o luns 11 e o luns 18 reábrese o proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2020-21. O centro permanecerá aberto durante este período en horario de 10 a 13 h para a xestión e entrega do documento de admisión. Tamén é posible presentar a documentación na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Recomendamos chamar ou escribir previamente para concertar hora e aclarar posibles dúbidas.

Teléfono da escola: 886151371 

Correo electrónico: ceip.meanho.ascovas@edu.xunta.gal

NORMAS DE ACCESO AO CENTRO:

 

  • Acceder pola porta principal da escola respectando a distancia de seguridade de 2 metros.

  • Para acceder ao edificio timbrar e agardar turno segundo as indicacións de conserxería.

  • Recoméndase o uso de máscaras protectoras.

  • Utilizar o xel hidroalcólico antes de realizar a xestión administrativa.

 

O modelo de admisión requerido é MODELO ED550B. Recomendamos a vía telefónica para aclarar dúbidas ao respecto.

 

PRAZOS POSTERIORES ÁDMISIÓN:

 

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremos: ata o 26 de maio 2020.

  • Listaxes provisionais alumnado admitido: 9 de xuño.

  • Listaxes definitivas: 26 de xuño.

  • Formalización da matrícula: 1 ao 10 de xullo.

TERCEIRO TRIMESTRE CURSO 2019-2020

Á COMUNIDADE ESCOLAR CEIP AS COVAS-MEAÑO.

Estimadas familias:

     O luns 27 de abril, a Consellería de Educación publicaba as instrucións relativas ao desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-20. En base a elas, á orde ministerial do 24 de abril e ao principio de autonomía pedagóxica contemplada na vixente lei de educación, o CEIP As Covas-Meaño informa á Comunidade Educativa do criterio de actuación decidido:

     A presente situación de excepcionalidade e confinamento racha co sentido de normalidade e regularidade do desarrollo da infancia. O principio básico de igualdade que rexe nas escolas públicas desaparece e obriga ás autoridades educativas a por en marcha un sistema de compensación que de ningunha maneira se pode definir como escola nin como educación infantil ou primaria.

     Ante isto, ante esta situación e os condicionantes de cada neno, cada nena e das súas familias, entendemos que o terceiro trimestre non pode perxudicar a avaliación final do alumnado. Este período actual “non presencial” só poderá ter un valor positivo para a cualificación do alumnado e adicarase a actividades relacionadas co repaso e afianzamento de aprendizaxes anteriores. Terá na súa esencia un carácter interdisciplinar e globalizado, ademais as propostas didácticas e plans de traballo propostos poderán ser flexibilizados coidando “non penalizar ou afectar ao benestar do alumnado, nin sobrecargalo de tarefas excesivas”.

     Ademais de todo isto, é preciso lembrar a importancia que cobran nestes  dous meses que quedan de curso manter hábitos e dinámicas de traballo, necesarias non só para a vida académica dos rapaces senón para o seu desarrollo persoal. Neste sentido queremos agradecer o labor e implicación das familias no seguimento e axuda das tarefas propostas dende a escola: Moitas grazas.

     Como xa saben, intentaremos manter un contacto máis estreito durante o tempo que dure o confinamento precisamente para aclarar dúbidas,  realizar preguntas, coñecer as vosas circunstancias persoais, poder falar cos nenos... En caso de precisar máis información poden poñerse tamén en contacto co equipo directivo do centro no 886151371 ou ben no correo electrónico: ceip.meanho.ascovas@edu.xunta.gal

Saúdos e moita saúde.

CEIP As Covas-Meaño

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

     O vindeiro 1 de marzo iniciarase o período de admisión de novo alumnado para o curso 2020-2021. Data límite de entrega da documentación: 20 de marzo de 2020.
 

 

  • Os interesados/as poden facer a reserva:

 

 

  • Entregando o Anexo II na Secretaría do centro. Anéxase (tamén dispoñible na Secretaría).

 

  • Documentación necesaria:
- Documento acreditativo da idade da alumna/o (DNI ou libro de familia).- Sentencia xudicial ou convenio regulador (de ser o caso).- Certificado oficial do expediente académico (en caso de admisión en 4º de infantil -3 anos- non é necesario).

 

 

As vacantes para o curso 2020/2021 son:

 

 

  Prazas por curso  Permanencias  Vacantes
4º Inf.  25 0 25
5º Inf. 25 17 8
6º Inf. 25 14 11
1º Pri. 25 14 11
2º Pri. 25 14 11
3º Pri. 25 19 6
4º Pri. 25 17 8
5º Pri. 25 20 5
6º Pri. 25 13 12

RESERVA MATRÍCULA EN CENTROS ADSCRITOS PARA O CURSO 2020-2021

     A partir de hoxe, e ata o 17 de febreiro de 2020, ábrese o prazo para que o alumnado de sexto curso presente solicitude de reserva de praza no IES de Meaño, de ser o caso, para o vindeiro curso 2020-2021. A reserva poderase facer a través de impreso escrito (facilitaráselle copia ao alumnado, tamén descargable nos adxuntos desta mensaxe), na sede electrónica coa chave365 ou na aplicación admisionalumnado da consellería (seguindo instrucións que se adxuntan).

Axudas para adquisición de material

Listaxe de axudas concedidas e excluídas para adquisición de material escolar. Para máis información, consultar na Secretaría do centro.

Formalización de matrícula 2019-2020

   Informamos que o período de  matrícula do novo alumnado abrirá dende o 20 ao 30 de xuño e que xa se poden recoller os impresos de

formalización da mesma, na secretaría do centro ou ben descargarse nesta mesma páxina.

Axudas para material escolar 2019-2020

Dende hoxe ata o vindeiro 21 de xuño poderanse solicitar as axudas para material escolar do vindeiro curso 2019-2020. Os impresos estarán a disposición na secretaría do centro ou poderán descargarse dende este sitio (Anexos).

Tamén é posible tramitar as axudas a través das seguintes páxinas:

https//sede.xunta.gal

https://www.edu.xunta.es/fondolibros

Distribuir contido


by Dr. Radut