Skip to Content

Axudas para material escolar 2020-2021

Segundo orde publicada o 20 de maio de 2020, ábrese o prazo para solicitar axudas de material escolar para o vindeiro curso 2020-2021 (Pódese consultar orde no seguinte enlace):

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200519_axudas_libros.pdf

 

  •  O PRAZO PARA AS SOLICITUDES ESTARÁ ABERTO ATA O 19 DE XUÑO DE 2020.

 

  •  As axudas están destinadas para o alumnado que cursará educación primaria (de 1º a 6º) durante o vindeiro curso 2020-2021.

 

  • O alumnado que actualmente cursa 6º de primaria e fixo a solicitude de reserva para secundaria, deberán presentar a solicitude no centro de destino (consultar páxina web do centro). No caso do centro adscrito IES de Meaño o horario de atención ao público é de luns a venres de 10 a 13 horas (documentación e información dispoñible na páxina http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmeanho/ e no teléfono 886 15 13 67).

 

  • Para facer a solicitude e facilitar o distanciamento social, minimizando o tempo de estancia no centro, poñemos a disposición as seguintes canles de presentación das solicitudes:

 

  1. Cubrila directamente en sede electrónica. (Procedemento ED330B)
  2. Facer a solicitude a través do teléfono do centro: 886151371. Neste caso solicitaranse algúns datos telefonicamente e o solicitante deberá asistir ao centro, con cita previa, en horario de oficina (10 a 13, de luns a venres) unicamente a firmar e presentar a documentación solicitada (libro de familia , nos casos de separación ou divorcio, sentencia xudicial e certificado de discapacidade maior do 33%, de ser o caso, dalgún dos membros computables da familia).
  3. Descargar impreso na páxina web do centro ou sede electrónica para facer a xestión de forma presencial (tamén hai solicitudes a disposición na secretaría do centro aínda que recomendamos non cubrir o impreso na escola para respectar o distanciamento social).

 

AGRADECEMOS A SÚA COLABORACIÓN.

AdxuntoTamaño
Solicitude material.pdf1.63 MB


blog | by Dr. Radut