Skip to Content

Blogues

Integrantes do Consello Escolar CEIP As Covas

Representantes dos pais e nais

  • Mónica García Lobato

  • Miguel Glaser Lede

  • María Belén Mosteiro Lobato

  • Pastora Castro Lema

Representante elexido pola A.P.A.

  • Mónica Rodiño Gómez

Representante do Concello

  • Rubén Casal Radío

Representante persoal non docente

  • Ana Alia Fernández Barreiro

Representantes dos mestres e mestras

  • María Areán Fernández

  • Jesús García Liñeira

  • Alberto Giadanes Abel

  • Montserrat Tenorio González

  • Mª Raquel Vilanova de la Torre

Secretario

  • Alberto Giadanes Abel

Xefa de Estudos

  • Luisa Mallo Pereira

Presidente 

  • Paulo Nogueira Porto

Reserva de matrícula nos centros adscritos (I.E.S. Dena) curso 2015-2016

Ábrese o prazo, ata o vindeiro 15 de febreiro, para que o alumnado de 6º de primaria interesado en reservar praza no centro adscrito I.E.S. de Meaño (Dena) para o vindeiro curso escolar 2015-2016, o fagan presentando na Secretaría do CEIP As Covas de Meaño o Anexo I debidamente cumprimentado da ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos. (Ver adxuntos)

O centro

Nun futuro, para o noso centro pretendemos unha serie de melloras en diferentes ámbitos:

- Estruturais, coa execución de obras e reformas que despois de 30 anos, deben acometerse para a mellora e actualización da súa infraestrutura. Para elo, temos solicitado un cambio nas ventás e persianas, radiadores e calefacción, a construción de unha valla exterior nova, a dotación de un ximnasio, de aulas polivalentes para as actividades do Concello, etc.

- Educativas, coa implantación de unha xornada única, que sumada ao plan madruga e actividades extraescolares do Concello de Meaño, compoñemos unha oferta educativa e cultural plena que farán que os alumnos e alumnas dispoñan de un recurso máis amplo de servizos.

Desexamos que o noso colexio sexa un motor na vida cultural e social do noso pobo.

Grazas a todos e todas pola colaboración prestada.

Saúdos

 

E.D.Língua Galega (a nosa)

Dende a celebración das festas tradicionais e a recuperación do noso patrimonio popular e cultural, a nosa escola fai un esforzo día a día e ano a ano para que sexan máis feitos os que fagan todo o posible para que sexamos educados nas nosas costumes.

Temos feito recuperación de lendas populares, cantigas dos nosos avós e avoas, receitas culinarias, contos creados por nos mesmos primeiro en formato papel e logo pasámolo no ordenador, contos individuais e colectivos para favorecer o traballo cooperativo.

Obradoiros

Obradoiros de cociña, para aprender a elaborar os alimentos e coñecer como é unha dieta equilibrada.

Obradoiros de escritura a biblioteca recoméndanos libros de lectura nos idiomas que traballamos: na nosa lingua o galego, e en castelán e inglés, pero tamén traballamos algo en francés e portugués. Este curso fixemos traballos dende a biblioteca sobre Portugal, Dinamarca, Níxer e Ásia, aprendendo vocabulario, costumes e receitas.

Aula de P.T.

Aulas de apoio: unha aula de P.T. con atención individualizada na que unha mestra nos axuda a mellorar algúns aspectos puntuais do aprendizaxe.

A.N.P.A. A Toxa


ANPA: A Toxa

 Presidente: Rafael Lores Padín

Vicepresidenta: Elena Rodiño Gomez

Secretario:  Mª Sandra Concepción Escudeiro

Tesoureira: Isolina Domínguez Soto

Vocais:

- Mónica Rodiño Gomez

- Bea Gago Pulleiro

- Mª del Carmen Viñas Castelo

- Mª José González Vázquez

Representante C. Escolar: Mónica Rodiño Gomez

A A.N.P.A. xurde dende os inicios da escola cuns obxectivos claros como facer posible un plan de actividades extra-escolares para dar cobertura a todos os alumnos da escola e colaborar na educación e no proceso de aprendizaxe de todos os nenos e nenas do colexio, que xunto coas actividades do Concello e as propostas pola escola garanten unha formación cultural e deportiva do máis completo.

Ten como fin facer chegar a pais e nais o espectro cultural e educativo da nosa vila, como por exemplo manter unha boa comunicación coa escola  e outras asociacións culturais, así como co Concello e os seus representantes.

Formalizou os estatutos e constituíuse definitivamente no curso 04-05 como organización, nela interveñen pais e nais da nosa escola, hoxe por hoxe hai asociados o 90 % de pais e nais.

Entre o ventallo de actividades propostas cara as familias están: saídas culturais, excursións,  a visita por Nadal do Pai Noel.

De cara aos vindeiros anos desexamos colaborar no máximo posible coa educación dos rapaces e rapazas da nosa escola, e a axuda do profesorado da escola, pois son os nosos fillos e fillas o futuro do noso pobo.

Gazas a tod@s por colaborar.

 

 

 

Aula de plástica e manualidades

Neste espazo do centro elabóranse todos os traballos dende infantil ao último curso de primaria, traballos manuais, marquetería, murais, traballos de modelaxe con arxila, etc.

                              

English classroom

A intención da nosa escola é, nun futuro non moi lonxano, camiñar todos xuntos cara unha pluralidade lingüística no ensino. O galego como lingua materna, o castelán e o inglés. Sería moi positivo para a nosa formación como futuros membros desta sociedade, coñecer outros idiomas como o francés, idioma que imos introducindo puntualmente e que logo veremos no instituto. Dispoñemos de unha aula de idiomas con ordenadores, televisión, vídeo e dvd.

Témos un proxecto de anticipación de Inglés na Etapa de Infantil aprobado dende hai 12 anos consecutivos e neste curso concedéronnos o Proxecto de Bilingüísmo no 3º ciclo para facer a Pástica en Inglés.

Coido que ímos por bo camiño! 

Instalacións do centro


O centro está constituído neste momento por catro unidades de educación infantil e seis unidades de educación primaria.
As principais instalacións das que conta o centro son as seguintes:
- Grupos Flexibles e Apoios
- Pistas deportivas exteriores
- Pavillón de deportes
- Orientación Psicopedagóxica
Tamén dispón dos seguintes servizos:
- Coidadora- Enfermeira
- Plan Madruga
- Transporte escolar

Distribuir contido


by Dr. Radut