NO MÓDULO DE IVOOX QUE TEMOS INSERTADO NA COLUMNA DA DEREITA PODEREDES ESCOITAR OS NOSOS AUDIOS, PODCAST, ETC, QUE IMOS REALIZANDO COA RADIOSIEIRO. OS ÚLTIMOS TRABALLOS REALIZADOS SON DOUS DOCUMENTAIS SOBRE AS CIVILIZACIÓNS DE GRECIA E ROMA QUE FORMAN PARTE DA NOSA SERIE "OS DOCUMENTAIS DA AULA i9"; AÍNDA QUE NESTA OCASIÓN CAMBIAMOS O FORMATO AUDIOVISUAL POLO PODCAST.
SE QUEREDES ESCOITAR MÁSI DA RADIOSIEIRO PODEDES ACCEDER AS NOSAS CANLES E SUSCRIBIRVOS!!
A RadioSieiro está de volta. E este ano 2019 trae novidades pois a maior parte dos programas que grabamos son creados e emitidos en directo para o patio do recreo do cole. É un pasiño máis neste interesante proxecto que cada vez sorprende máis.
Podedes escoitar os tres últimos programas na sección PODCAST (columna da dereita) ou accedendo ao noso perfil de soundcloud a través do seguinte enlace:
Ademais facemos especial mención ao noso "Especial Día da Muller" dirixido e realizado en casi a súa totalidade polas alumnas de 5º e 6º de primaria. Porque o feminismo non entende de idades!
2ª parte do 4º capítulo da nova RadioSieiro´18, a emisora que montamos no cole de Crecente como membros do proxecto de Bibliotecas Escolares "A Radio na Biblio".
Ahí queda o 3º programa da nova RadioSieiro, a emisora de radio escolar do Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro que forma parte do proxecto "Radio na Biblio" organizado polo departamento de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia.
2º programa da nova RadioSieiro, a emisora de radio do cole de Crecente. Neste caso teremos un programa adicado ás abellas e no que tamén atoparemos outros contidos interesantes e formativos.
MÚSICA EMPREGADA:
-Simple Minds - Dont you Forget About Me (The Breakfast Club)