Skip to Content

 

A Aula i9 é a nosa clase de música, un dos espazos máis activos do centro.

  

      Nela, ademáis de aprender os contidos da materia, temos un grupo (Aula i9 Band), formado por voluntarios e voluntarias que, ao igual que músicos profesionais, preparan os diferentes concertos que realizamos no cole (Nadal, Festival pola Gorra, Fin de Curso...). Nos últimos anos tivemos a honra de organizar eventos con músicos recoñecidos que se achegaron ata o centro para compartir a súa arte. Entre eles podemos destacar ao guitarrista José Rubio; ou bandas como Los amigos de lo ajeno; Mel de Meiga; ou Menage a Tróis 

Ademáis, contamos cun estudio de grabación no que os rapaces e rapazas poden experimentar as labores propias dos técnicos de son, de grabación, etc; empregando medios e software de última xeración. Proba delo son os catro discos que sacamos dende o 2011, un por ano; así como o single que o curso pasado grabamos co grupo de "swing rock" Menage a Tróis. Pero non só contamos coa colaboración deste grupo ourensano, senon que ao longo destes anos, conseguimos que participaran nos nosos discos, profesionais de renome como Nadia Fonseca, cantante de formacións como "Mel de Meiga" ou o famoso "Coro da Rá"; Lorena Negreira, batería de "The Teta`s Van"; Lore Sotelo, lider dos aclamados "Maskarpone";...

 

 



Browse for audio by

page | by Dr. Radut