Skip to Content

 

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2023-24

Os días 10 e 11 de abril realizaranse as avaliacións de diagnóstico

Estimadas familias:

 Os procesos de avaliación no sistema educativo son unha ferramenta imprescindible para a mellora da calidade e a equidade da educación que permite detectar os aspectos que funcionan ben e os que poden ser mellorados.

 A Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOE), modificada pola Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro (LOMLOE), prevé nos seus artigos 21 e 29 a realización dunha avaliación de diagnóstico de carácter censual que se deberá levar a cabo en todos os centros educativos. Ademais, o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia determina nos artigos 27 e 23, respectivamente, a realización deste proceso avaliativo.

 Neste curso 2023-2024 é cando comeza a implantación da avaliación de diagnóstico que abarcará as competencias matemática e lingüísticas: en Lingua Galega e Literatura, en Lingua Castelá e Literatura e en Lingua Estranxeira.

Compre destacar que non é unha avaliación de individuos, polo tanto non vai a existir ningún dato ou informe con cada alumno/a en particular. É unha avaliación do sistema.

As probas foron realizadas cun deseño rigoroso por parte de expertos da Consellería de Educación, polo que se adoptarán unha serie de medidas de organización para que os datos teñan a necesaria validez.  De todos modos, tede a tranquilidade que dende o centro aseguraremos que os nenos-as entendan estas actividades como unha experiencia máis de aprendizaxe. 

 Igualmente, pediremos a vosa colaboración para cubrir uns cuestionarios de contexto; tal e como se indica na RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2024, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico. E antes de rematar o curso confiamos en ter os resultados para informarvos nunha xuntanza das conclusións e balance desta avaliación.

 

Calquera dúbida que teñades se atenderá dende a comisión de coordinación da avaliación de diagnóstica, formado pola dirección, e titor de 4ºEP, así como o xefe do departamento de orientación. Tamén achegamos unha carta da Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e un dossier informativo sobre a avaliación, ambos documentos anexos que vos poden resultar de utilidade.

Coma sempre, estaremos á vosa disposición nos telf 886110194 e 619250465

Un saúdo

 

A Dirección

 

AnexoTamaño
INFORMACIÓN FAMILIAS 4ºEP.pdf130.51 KB
DOSSIER AVALIAC.DIAGNÓSTICO PARA FAMILIAS.pdf931.69 KB


Browse for audio by

page | by Dr. Radut