Skip to Content

 

DEPENDENCIAS E ESPACIOS DO CENTRO

Ademáis das aulas destinadas ás diferentes titorias e especialidades; o Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro posúe unha serie de dependencias e espazos educativos destinados ás distintas especialidades e actividades complementarias que realizamos no centro ao longo do curso; entre as que podemos destacar:

-Biblioteca Escolar: dotada dunha grande cantidade de libros, tanto de lectura recreativa como      consultiva, que o alumnado pode levar en préstamo para casa; así como unha serie de equipos multimedia, como computadoras, pizarra dixital e conexión a Internet.

-Departamento de Orientación:encargado de apoiar a labor do centro e do conxunto do profesorado en todas aquelas actuacións encamiñadas a garantir a formación integral do alumnado; e á adaptación dos procesos de ensino e aprendizaxe ás características e necesidades de todos os alumnos e alumnas.

-Aula-Obradoiro de Infantil: espazo no que os nenos e nenas desta etapa educativa poden levar a cabo obradoiros de distinto tipo (manualidades, actividades artísticas...)

-Aula de Plástica e manualidades: na que se levan a cabo este tipo de actividades, tanto no horario lectivo, como non lectivo. Ademáis é unha das aulas na que se pon en práctica as seccións bilingües.

-Aula de Informática: dotada de equipos multimedia (computadoras e pizarra dixital) e conexión a Internet, permite ao noso alumnado manterse ao día coas novas tecnoloxías.

-Aula de Audiovisuais: outro dos espazos adicados a levar a cabo os diferentes proxectos e actividades complementarias que realizamos no centro. Nesta aula é na que grabamos gran parte dos nosos programas de "As Ondas do Miño"; e funciona tamén como redacción do noso xornal escolar "Crecente en Letra"

-Ximnasio: integrado no propio centro e dotado cunha grande variedade de material lúdico-deportivo, destinado á Educación Física, en Primaria, e á Psicomotricidade, en Infantil.

-Pavillón: cedido polo Concello de Crecente para a realización, tanto de sesións de E. Física, dentro do horario lectivo; como de actividades extraescolares programadas pola ANPA.

-Patios: organizados e delimitados por cursos, contan con infraestructuras como areeiro para Infantil, pista de futbol e baloncesto, patio cuberto, etc.

 

 

 



Browse for audio by

page | by Dr. Radut