Skip to Content

 

MODIFICACIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024-25

ERRO SUBSANADO LISTA LIBROS DE TEXTO 2ºEP

QUERIDAS FAMILIAS.

NO LISTADO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR DE 2º CURSO DE E.PRIMARIA PUBLICADO O 16 DE XUÑO NA WEB HAI UN ERRO NOS DATOS DO PROXECTO DO CURSO. NO PDF QUE SE ENGADE A CONTINUACIÓN CONSTAN OS DATOS CORRECTOS.

DESCULPADE AS MOLESTIAS

A DIRECCIÓN

MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO 2024-25

LISTADO DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO

PARA O CURSO 2024-25

ESTIMADAS FAMILIAS:

No arquivo adxunto que acompaña a esta publicación atoparedes un documento pdf no que cada familia ten á súa disposición a lista de material e libros de texto para o vindeiro curso 2024-25. 

Tamén teredes esta lista en papel, xa que se entregará a cada alumno-a unha copia ó longo desta semana.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ALUMNOS-AS CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO ACADÉMICO 2024-2025

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ALUMNOS-AS CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO ACADÉMICO 2024-2025

Hola familias:

O 19 de abril de 2024 publicouse no BOE a Resulución para solicitar axudas para o alumnado NEAE 

No enlace que consta a continuación podedes atopar toda a información. Tamén contades cun estracto da resolución no arquivo adxunto.

Para calquera información particular do voso caso, ou para dúbidas relacionadas con estas axudas, contactade co teléfono mobil do centro (619250465).

O Xefe do D.O. será quen vos informe sobre o que necesitades sobre este procedemento.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-25

PUBLICADA A ORDE QUE REGULA O FONDO SOLIDARIO PARA MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO NO CURSO 2024-25

NO PORTAL EDUCATIVO  DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN PUBLICOUSE ONTE, 21 DE MAIO DE 2024 A ORDE DO 7 DE MAIO de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

AVISO AVALIA FAMILIAS 4º EP (cuestionarios)

AVISO AVALIA FAMILIAS 4º EP (cuestionarios)

Estimada familia,

O seu fillo-a vén de participar nas probas de avaliación de diagnóstico. No día de hoxe foille entregada unha carta dirixida a vostedes na que se solicita respondan un cuestionario de contexto específico para o alumnado e as súas familias.

Na carta indícase a páxina web LINK (https://enquisas.edu.xunta.gal/649647 e a clave de acceso para cubrir o cuestionario en liña- O prazo para esta tarefa remata o 30 de abril de 2024.

PARA ENCHER O CUESTIONARIO EN LIÑA, É PRECISO TER CONEXIÓN A INTERNET E UN DISPOSITIVO ELECTRÓNICO (ORDENADOR, TELÉFONO INTELIXENTE, TABLET). SE O NECESITAN, O CENTRO PON Á SÚA DISPOSICIÓN O EQUIPAMENTO INFORMÁTICO NECESARIO PARA CUBRIR O CUESTIONARIO.

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2023-24

Os días 10 e 11 de abril realizaranse as avaliacións de diagnóstico

Distribuir contido


Browse for audio by

by Dr. Radut