Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal
CEIP Manuel Rivero |
|
Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal |
Iniciar sesión: Acceso
|
Listaxes de libros de texto e material impreso para o curso 2019/20Pódense consultar e descargar aquí as listaxes de libros de texto e material impreso que deben mercar para os niveis de Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2019-2020. O resto de libros de texto para os niveis 3º, 4º, 5º e 6º de EP seranlles asignados do Fondo Solidario a todos aqueles que o teñan solicitado. MODIFICACIÓN EN LIBROS DE EI 4 ANOS E 5 ANOS EDUCACIÓN INFANTIL
EDUCACIÓN PRIMARIA
Publicada a convocatoria de participación no fondo solidario, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2019/20.
O obxeto da Orde é convocar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado: Fondo solidario: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE. Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º. Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro. Prazo de presentación da solicitude: ata o 21 de xuño de 2019. Documentación: As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2016, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:
Artigo 24. 3.- Quedarán excluídas as solicitudes que non se puidesen validar por estar presentadas fóra de prazo, por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación ou por falta da devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario adquiridos coas axudas no curso 2016/2017. Para máis información dirixirse á secretaría do centro ou picar no seguinte enlace. Documentos para descargar: Publicación de listaxes definitivas para a admisión de alumnado para o curso 2019/20Publícanse as listaxes definitivas para a admisión de alumnado para o curso 2019/20. Para máis información dirixirse á Secretaría do centro.
* En 1º de Primaria hai unha solicitude de praza de NEAE que ten prioridade sobre calquera puntuación do baremo. Os admitidos/as deben pasar polo centro do 20 ao 30 de xuño para formalizar a matrícula. Os non admitidos/as poranse en contacto con eles para asignarlles centro. Admisión de alumnado para o curso 2019/20A partires do vindeiro 1 de marzo comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2019/20. Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro.
Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:
Entroido 2019Xa chegaron Don Manuel e Dona Xertrudis e con eles o entroido de novo. Estade atentos aos seus mandados se non queredes acabar... ENFARIÑADOS!
Visita á Residencia As DoresOs alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria compartiron un día especial cos usuarios e usuarias da Residencia As Dores. Agradecemos a todos a boa acollida que tivemos.
|
|