Publicada a convocatoria de participación no fondo solidario, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2019/20.

 

O obxeto da Orde é convocar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:

Fondo solidario: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE.

Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.

Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro.

Prazo de presentación da solicitude: ata o 21 de xuño de 2019.

Documentación:

 As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

     Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2016, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

  1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  2. Certificado ou volante de convivencia.
  3. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 Artigo 24. 3.- Quedarán excluídas as solicitudes que non se puidesen validar por estar presentadas fóra de prazo, por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación ou por falta da devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario adquiridos coas axudas no curso 2016/2017.

Para máis información dirixirse á secretaría do centro ou picar no seguinte enlace.

Documentos para descargar: