Premio Especial do Público para a Árbore de Nadal do CEIP Manuel Rivero

A Árbore de Nadal decorada polos alumnos e alumnas de Educación Infantil para o Centro Comercial Pontiñas acadou o Premido Especial do Público. Recolleron o premio os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil. Moitos parabéns a todos e todas e ás súas profes. Moitas grazas tamén a todos e todas as que nos votaron.

Nadal 2021

Un ano máis (e xa van dous) os alumnos e alumnas do noso centro queren compartir coas familias as súas representacións de Nadal de xeito virtual.

 

25 DE NOVEMBRO

O CEIP Manuel Rivero contra a violencia de xénero.

Publicada a orde que regula a distribución de máscaras entre o alumnado

 Publicada a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 218,  do 12 de novembro.

ALUMNADO BENEFICIARIO:

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

Forma de presentación da solicitude:

- Presentarase o anexo I e II xunto coa documentación que se precisa na Orde segundo a situación familiar de cada un.

- Os anexos poden recollelos na secretaría ou descargalos desde esta páxina web.

(Lémbrase que o horario de atención ao público é de 9:30h. a 13:30h.)

• Prazo:

Do 15 ao 26 de novembro de 2021.

O ALUMNADO QUE FOI BENEFICIARIO ESTE CURSO DA AXUDA DE MATERIAL NON TEN QUE FACER NADA, XA SE CONSIDERA ADMITIDO. 

-IMPRESO-SOLICITUDE

ORDE do 28 de outubro de 2021.

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

O Consello Escolar é o máximo órgano de participación do Centro. Del forman parte representantes dos distintos sectores da comunidade educativa. Pola importancia que ten o Consello Escolar na vida do Centro anímase a todas as nais e pais a participar neste proceso electoral.

Durante o mes de novembro do presente curso procederase á renovación de 3 representantes  das nais e pais (un deles corresponde propoñelo á Asociación de nais e pais), 2 do profesorado no Consello Escolar do centro e 1 do persoal de administración e servizos.

-Prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar. O prazo remata o día 16 ás 14:00 horas.

Son electores e elixibles todos os membros da comunidade escolar. Para a presentación da candidatura e reclamacións ao censo farase un escrito dirixido ao director do centro. Quen o desexe ten modelos á súa disposición na secretaría do centro.

As votacións en todos os sectores terán lugar o martes 23 de novembro nos horarios establecidos.

Calendario escolar curso 2021/22

Benvidas e benvidos ao curso 2021/2022.

Publicación de listaxes definitivas de admitidos para o fondo solidario de libros de texto

Están publicadas as listaxes definitivas de admitidos no fondo solidario de libros de texto, así como os libros que lles corresponden. Poden consultalas no taboleiro de anuncios do centro ou no documento seguinte:

En 5º e 6º de Primaria non lles corresponde libros de texto en papel xa que entran no programa de libro dixital E-DIXGAL.

O reparto dos libros asignados realizarase no mes de setembro.

Publicación de listaxe definitiva de usuarios admitidos para o servizo de comedor para o curso 2021/22

Están publicadas  as listaxes de usuarios admitidos e de reserva para o servizo de comedor para o curso 2021/22. Poden consultalas no taboleiro de anuncios do centro.

Todos aqueles alumnos e alumnas admitidos deben cubrir o anexo II autodeclaración e entregalo na secretaría do centro ata o 15 de xullo en horario de 10:00h a 13:00h ou a partir do 1 de setembro e antes do día 9. Poden recollelo na secretaría do centro ou descargalo no seguinte enlace:

ANEXO II AUTODECLARACIÓN

Distribuir contido