Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal
CEIP Manuel Rivero |
|
Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal |
Iniciar sesión: Acceso
|
Publicada a orde que regula a distribución de máscaras entre o alumnadoPublicada a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 218, do 12 de novembro. ALUMNADO BENEFICIARIO: Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial: a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022. b) Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións: • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€. • Alumnado matriculado en educación especial. • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia. • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%. SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR) Forma de presentación da solicitude: - Presentarase o anexo I e II xunto coa documentación que se precisa na Orde segundo a situación familiar de cada un. - Os anexos poden recollelos na secretaría ou descargalos desde esta páxina web. (Lémbrase que o horario de atención ao público é de 9:30h. a 13:30h.) • Prazo: Do 15 ao 26 de novembro de 2021. O ALUMNADO QUE FOI BENEFICIARIO ESTE CURSO DA AXUDA DE MATERIAL NON TEN QUE FACER NADA, XA SE CONSIDERA ADMITIDO.- ORDE do 28 de outubro de 2021.
|
|