Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal
CEIP Manuel Rivero |
|
Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal |
Iniciar sesión: Acceso
|
Lendo á sombra dúnha árboreCelebramos o Día da Árbore e o Día do Libro. Admisión de alumnado para o curso 2022/2023A partir do 1 de marzo comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2022/2023. Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro. HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: DE 9:30h. a 13:30h.
Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:
ENTROIDO 2022Chega un ano máis o entroido e con el Don Manoel e Dona Xertrudis. Estade atentos aos seus mandados!
Premio Especial do Público para a Árbore de Nadal do CEIP Manuel RiveroA Árbore de Nadal decorada polos alumnos e alumnas de Educación Infantil para o Centro Comercial Pontiñas acadou o Premido Especial do Público. Recolleron o premio os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil. Moitos parabéns a todos e todas e ás súas profes. Moitas grazas tamén a todos e todas as que nos votaron. Nadal 2021Un ano máis (e xa van dous) os alumnos e alumnas do noso centro queren compartir coas familias as súas representacións de Nadal de xeito virtual.
25 DE NOVEMBROO CEIP Manuel Rivero contra a violencia de xénero. Publicada a orde que regula a distribución de máscaras entre o alumnadoPublicada a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 218, do 12 de novembro. ALUMNADO BENEFICIARIO: Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial: a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022. b) Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións: • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€. • Alumnado matriculado en educación especial. • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia. • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%. SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR) Forma de presentación da solicitude: - Presentarase o anexo I e II xunto coa documentación que se precisa na Orde segundo a situación familiar de cada un. - Os anexos poden recollelos na secretaría ou descargalos desde esta páxina web. (Lémbrase que o horario de atención ao público é de 9:30h. a 13:30h.) • Prazo: Do 15 ao 26 de novembro de 2021. O ALUMNADO QUE FOI BENEFICIARIO ESTE CURSO DA AXUDA DE MATERIAL NON TEN QUE FACER NADA, XA SE CONSIDERA ADMITIDO.- ORDE do 28 de outubro de 2021.
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLARO Consello Escolar é o máximo órgano de participación do Centro. Del forman parte representantes dos distintos sectores da comunidade educativa. Pola importancia que ten o Consello Escolar na vida do Centro anímase a todas as nais e pais a participar neste proceso electoral. Durante o mes de novembro do presente curso procederase á renovación de 3 representantes das nais e pais (un deles corresponde propoñelo á Asociación de nais e pais), 2 do profesorado no Consello Escolar do centro e 1 do persoal de administración e servizos. -Prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar. O prazo remata o día 16 ás 14:00 horas. Son electores e elixibles todos os membros da comunidade escolar. Para a presentación da candidatura e reclamacións ao censo farase un escrito dirixido ao director do centro. Quen o desexe ten modelos á súa disposición na secretaría do centro. As votacións en todos os sectores terán lugar o martes 23 de novembro nos horarios establecidos.
|
|