Skip to Content

CALENDARIO DE ADAPTACIÓN 2020-21. ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL (3 ANOS)

Podedes consultar aquí  o calendario de adaptación para o alumnado de 3 anos, que comeza o mes de setembro.

Nos grupos aparecen as alumnas e alumnos identificados polas iniciais dos seus apelidos e nome por política de protección de datos.

Ante calquera dúbida podedes dirixirvos ao correo do centro:

ceip.manuel.murguia@edu.xunta.es

 

 

LISTADOS DEFINITIVOS DO FONDO DE LIBROS TEXTO

Están expostos no taboleiro do centro a asignación de libros de texto para o Fondo de libros 2020-21.

Non houbo cambios respecto ao listado provisional, así que todos aqueles que xa viñéchedes polo centro ou chamáchedes por teléfono non tedes que volver.

LISTADOS PROVISIONAIS DO FONDO DE LIBROS DE TEXTO

Están expostos no taboleiro de entrada a asignación de libros de texto para o Fondo de Libros 2020-21.

Pódense consultar en horario de 10 a 13 o Venres 10 e o Luns 11 de Xullo. 

Por protección de datos non se poden expoñer listados na páxina web do centro.

 

REPARTO DE VALES DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Os vindeiros Luns 13 e Martes 14 farase o reparto de vales de libros de texto e material escolar.

As familias pasarán a recollelos en horario de 10 a 13 horas da mañá sen necesidad de cita previa.

 

Horario de Xullo

Durante o periodo de matriculación atenderase no centro en horario de 10 a 12 sen cita previa.

Tamén estaremos dispoñibles no teléfono e correo electrónico do centro.

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2020-21

Xa está dispoñible o listado de libros de texto para o curso 2020/21. Podedes consultalos aquí.

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO PRESTADOS POLO CENTRO

Informámosvos de que os alumnos/as que recibiron libros prestados na convocatoria de “Fondo libros” neste curso 2019/20 deben devolvelos ao centro para poder recibir os seguintes, no caso de serlles concedida a axuda. Esta devolución farase en horario de 9:00 a 14:00, estes días (non é preciso solicitar cita):

3º de Educación Primaria: martes, 16 de xuño.

4º de Educación Primaria: mércores, 17 de xuño.

5º de Educación Primaria: xoves, 18 de xuño.

6º de Educación Primaria: venres, 19 de xuño.

Aquelas familias que teñan varios nenos/as pendente da devolución poderán traelos todos o mesmo día.

 

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA COMEDORES ESCOLARES CURSO 2020/21

Está aberto o prazo para a solicitud de Becas Comedor do concello. Se precisades Certificado de Matrícula podedes pedilo ao centro.

Máis información

ngadir á túa axend

DÍA DAS LETRAS GALLEGAS 2020

O alumnado de 6º de Educación Primaria elaborou un vídeo para commemorar as Letras Gallegas 2020.

Podedes velo neste enlace.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Convócanse as seguintes axudas:

  • Fondo Solidario de Libros de texto (3º a 6º de Educación Primaria).
  • Axudas para mercar libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria).

Rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros : 210 euros.

Rendas per cápita entre 6.000 e 10.000 euros: 140 euros.

Minusvalía igual ou superior ao 65%: 275 euros.

  • Axudas para material escolar (Todos os cursos de Educación Primaria).

Rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros: 50 euros.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 19 de Xuño. Pode presentarse por internet na aplicación Fondolibros. Para presentación no centro é IMPRESCINDIBLE CITA PREVIA. Por teléfono: 881960763 ou Correo electrónico: ceip.manuel.murguia@edu.xunta.es. O Horario será de 10:00 a 13:30 (especificar se se prefire un tramo horario específico).

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Fotocopia do Libro de Familia.
  • Anexos I e II (nun mesmo formulario). Poden imprimirse da aplicación Fondolibros ou obterse no propio centro o día da cita concertada.
  • Sentenza Xudicial e/ou Convenio regulador (Só nos casos de separación ou divorcio).
  • Fotocopia do DNI (Só se non permite a comprobación telemática).
  • Declaración da renda 2018 (Só se non permite a comprobación telemática).
  • Certificado de minusvalía (Só se non permite a comprobación telemática ou non está avalada pola Xunta).
  • Documentación Xustificativa da situación de violencia de xénero (de ser o caso).
  • Certificado de convivencia, Volante de convivencia ou Informe dos Servicios Sociais (só se o/a pai/nai non ten DNI).

Presentarase unha única solicitude para todos os irmáns matriculados no mesmo centro.

No caso de realizar a solicitude por vía telemática (Internet), deberán cubrir unha solicitude por fillo.

Para o cómputo da renda deberán sumarse as casillas 435 + 460 do exercicio fiscal 2018, de todos os membros computables con ingresos, e dividirse polo número de membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2018.

Pode consultar a orde na que se convocan todas estas axudas no seguinte enlace:

Orde 12 de maio de 2020.

Distribuir contido


by Dr. Radut