PARADAS DE AUTOBÚS
Asignación de paradas para o curso 2019/20
Rogamos a maior difusión posible.
Algúns alumnos/as de 4º de EI aparecen desprazados de parada explicarase a razón na reunión de setembro.
Por favor, no caso de atopar calquera erro poñerse en contacto co centro no correo:
ceip.manuel.murguia@edu.xunta.es
LISTADO PROVISIONAL DO FONDO DE LIBROS DE TEXTO 2019/20
Listado provisional de admitidos
Listado provisional de excluídos
Lémbrase que non se merque ningún libro ata a publicación das listaxes definitivas, pois pode haber modificacións.
LIBROS DE TEXTO - CURSO 2019/20
Xa está dispoñible o listado de libros de texto para o vindeiro curso 2019/20.
Reunións Informativas de Educación Infantil para o curso 2019-20
As reunións de inicio de curso para a etapa de Infantil serán todas o venres 6 de setembro coa seguinte distribución horaria:
4º E. Infantil (3 anos) 10.00 da mañá.
5º E. Infantil (4 anos) 11.00 da mañá.
6º E. Infantil (5 anos) 12.00 da mañá.
Esperamos a vosa asistencia!!!
Información Proxecto SEMENTE
Convidamos a todas as familias a acompañarnos no Proxecto Semente!
Podedes consultar toda a información aquí e aquí.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Convócanse as seguintes axudas:
- Fondo solidario de libros de texto (3º a 6º de EP)
- Axudas para mercar libros de texto (1º e 2º de EP)
Rendas per cápita iguais ou inferiores a 5400 euros -> 170 euros.
Rendas per cápita entre 5400 e 9000 euros -> 90 euros.
Minusvalía igual ou superior ao 65% -> 250 euros.
- Axudas para material escolar (Todos os cursos).
Rendas per cápita iguais ou inferiores a 5400 euros -> 50 euros.
PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 21 de xuño. Recomendamos presentalo o antes posible.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Fotocopia do libro de familia.
- Anexos I e II (nun mesmo formulario). Poden retirarse en conserxería. Tamén podedes descargalo aquí.
- Fotocopia do DNI (só se non se permite a comprobación telemática).
- Declaración da renda 2017 (só se non se permite a comprobación telemática).
- Certificado de minusvalía (só se non se permite a comprobación telemática ou non está avalada pola Xunta).
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero (de ser o caso).
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais (só se o/a pai/nai non teñen DNI).
Presentarase unha única solicitude para TODOS OS IRMÁNS escolarizados no centro.
No caso de realizar a solicitude por vía telemática (internet) deberán cubrir unha solicitude por fillo/a.
Para o cómputo da renda per cápita deberán sumarse as casillas 415+ 435 da declaración da renda do ano 2017 e dividirse polo número de membros da unidade familiar a día 31 de decembro de 2017.
Os alumnos que gozaron das axudas para libros de texto o pasado ano terán que facer a devolución de libros o día 17 de xuño.
Listado provisional de beneficiarios/excluídos do Fondo Solidario (3º a 6º): 5 de xullo. Os días 8 e 9 en horario de 10 a 13 poderá reclamarse si é preciso.
Listado definitivo de beneficiarios/excluídos do Fondo Solidario (3º a 6º): 12 de xullo.
Poden consultar a orde na que se convocan todas estas axudas no seguinte enlace: