Informámosvos de que os alumnos/as que recibiron libros prestados na convocatoria de “Fondo libros” neste curso 2019/20 deben devolvelos ao centro para poder recibir os seguintes, no caso de serlles concedida a axuda. Esta devolución farase en horario de 9:00 a 14:00, estes días (non é preciso solicitar cita):
3º de Educación Primaria: martes, 16 de xuño.
4º de Educación Primaria: mércores, 17 de xuño.
5º de Educación Primaria: xoves, 18 de xuño.
6º de Educación Primaria: venres, 19 de xuño.
Aquelas familias que teñan varios nenos/as pendente da devolución poderán traelos todos o mesmo día.