Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Convócanse as seguintes axudas:

  • Fondo Solidario de Libros de texto (3º a 6º de Educación Primaria).
  • Axudas para mercar libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria).

Rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros : 210 euros.

Rendas per cápita entre 6.000 e 10.000 euros: 140 euros.

Minusvalía igual ou superior ao 65%: 275 euros.

  • Axudas para material escolar (Todos os cursos de Educación Primaria).

Rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros: 50 euros.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 19 de Xuño. Pode presentarse por internet na aplicación Fondolibros. Para presentación no centro é IMPRESCINDIBLE CITA PREVIA. Por teléfono: 881960763 ou Correo electrónico: ceip.manuel.murguia@edu.xunta.es. O Horario será de 10:00 a 13:30 (especificar se se prefire un tramo horario específico).

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Fotocopia do Libro de Familia.
  • Anexos I e II (nun mesmo formulario). Poden imprimirse da aplicación Fondolibros ou obterse no propio centro o día da cita concertada.
  • Sentenza Xudicial e/ou Convenio regulador (Só nos casos de separación ou divorcio).
  • Fotocopia do DNI (Só se non permite a comprobación telemática).
  • Declaración da renda 2018 (Só se non permite a comprobación telemática).
  • Certificado de minusvalía (Só se non permite a comprobación telemática ou non está avalada pola Xunta).
  • Documentación Xustificativa da situación de violencia de xénero (de ser o caso).
  • Certificado de convivencia, Volante de convivencia ou Informe dos Servicios Sociais (só se o/a pai/nai non ten DNI).

Presentarase unha única solicitude para todos os irmáns matriculados no mesmo centro.

No caso de realizar a solicitude por vía telemática (Internet), deberán cubrir unha solicitude por fillo.

Para o cómputo da renda deberán sumarse as casillas 435 + 460 do exercicio fiscal 2018, de todos os membros computables con ingresos, e dividirse polo número de membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2018.

Pode consultar a orde na que se convocan todas estas axudas no seguinte enlace:

Orde 12 de maio de 2020.



page | by Dr. Radut