1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

Curso 2021-2022

Día da Música

FELIZ DÍA DA MÚSICA!

Hoxe celebramos o día da música cun taller de ecopercusión.

 

 

Día Universal da Infancia

Os máis peques do cole elaboraron este precioso mural para lembrarnos os dereitos de todos os nenos e nenas nun día tan especial.

 

Magosto 2021

Estimadas familias:

Hoxe queremos compartir o resumo dun Magosto moi especial:

- Durante a semana do Magosto tivemos a sorte de contar no cole coa ilustradora Laura Tova, coa que elaboramos un marabilloso mural.

- O día 10 celebramos o Magosto todos xuntos, pero sempre respectando as medidas sanitarias precisas: degustamos castañas asadas no centro, bolos preñados e bica. Escoitamos música, bailamos e, para rematar por todo o alto, realizamos xogos tradicionais (neste cole nunca perdemos a oportunidade de realizar un pouco de exercicio Guiño).

 

Deixamos a continuación unha reportaxe sobre o mesmo do informativo territorial de Televisión Española:

 

Día das bibliotecas

Estimadas familias, compartimos un vídeo sobre a nosa especial maneira de conmemorar o Día das Bibliotecas.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer