Skip to Content

Comedor

Os nosos menús

MENÚS Curso 2018 - 2019

   
Setembro Outubro
Novembro Decembro
 Xaneiro Febreiro
 Marzo Abril
Maio Xuño

O comedor escolar

O Comedor Escolar empezou a funcionar no Centro no curso 2007-2008. No presente curso  xa funciona coas normas de funcionamento de calquera outro comedor escolar, axustándose ós baremos establecidos para admisión do alumnado. Este servizo de Comedor é de CATERING, asignado pola Consellería de Educación a unha  empresa . A empresa facilita a tódolos comensais, mensualmente, o menú diario, ademais, o centro colgarano na súa páxina web.
 
O horario é de 14,00 a 16,00 h.. Nesta banda horaria os alumnos/as transportados e non transportados, con carácter voluntario , comen nun  espazo “comedor“ habilitado pola Delegación de Educación como tal. A capacidade máxima asignada é de 90 alumnos/as e que no presente curso está utilizado por 64  alumnos/as.
 
ORGANIZACIÓN : 
 
Os alumnos/as de Infantil, usuarios de comedor, 5 minutos antes da entrada no mesmo  e nas súas dependencias realizan labores de hixiene, lavando ordenadamente as mans.
 
Os alumnos de primaria ás 14,00 h., ó tocalo timbre forman fileira na porta dos servizos anexos ó comedor (nenos- nenas) e como norma xeral lavan as mans e van entrando ordenadamente e colócanse nas mesas previamente asignadas, de maneira que estén sempre algún alumno/a como responsables de mesa.
 
Unha vez rematada a comida, cadaquén colle no armario o seu neceser para lavalos dentes.
 
O horario de patio remata ás 15,15 h. Para os alumnos/as transportados , e as 16,00 h. Para os alumnos/as que se incorporan ás actividades extraescolares, ou que non quedando as actividades extraescolares son recollidos polos seus pais.
 
VIXIANCIA :
 
Os labores de vixilancia realízanas MONITORAS da propia empresa . Os  alumnos/as de infantil , ó remate da comida quedan no propio espazo de que dispoñen no centro vixiados por dúas persoas. O resto dos alumnos/as realizan actividades de ocio e tempo libre no patio escolar cando o tempo o permite, se non fora así está previsto organizarlles  xogos de mesa …
Distribuir contido


by Dr. Radut