1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

Aberto novo prazo de admisión para o curso 2020 - 2021

Aberto novo prazo de admisión para o curso 2020 - 2021
PROTOCOLO PARA RECOLLIDA DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021
Debido á apertura do novo prazo de solicitude de admisión para curso 2020-2021, e baseados nas recomendacións da Consellería de Educación, informamos das medidas que imos ter en conta no noso centro para a recepción de solicitudes de admisión ou outro tipo de documentación.
 Medidas a tomar
  1. Temos na nosa páxina web o anexo necesario sen necesidade de que ninguén veña ó centro para recollelo
  2. Recomendamos, na medida do posible, o envío das solicitudes por correo electrónico (ceip.manuel.acunha@edu.xunta.es) , debidamente cubertos e asinados.
  3. Axudaremos a cubrir a documentación a quen o solicite por vía telefónica (988243751) para evitar o máis posible o manexo do papel nas dependencias do centro.
  4. Rogamos que traten de presentar a documentación co mínimo erro posible (para iso estaremos á vosa disposición de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas)
  5. DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR. Tamén para facilitar a menor movilidade de papel, informamos que non é preciso ninguna documentación máis que o Anexo II e unha fotocopia do DNI do alumno, fotocopia do libro de familia ou calqueira outra documentación acreditativa de proxenitores e lugar e data de nacemento. NON É PRECISO NINGÚN OUTRO TIPO DE DOCUMENTACIÓN. (Se fose preciso baremar sería solicitada documentación no seu momento)
  6. PERMANENCIA DENTRO DO CENTRO. Non se permitirá a entrada de máis de un adulto (a non ser que por razón de conciliación deba vir acompañado dun menor) no centro para cada xestión. Manterase a espera fóra do vestíbulo do centro.
Tedes estas normas no seguinte enlace

Podedes descargar o Anexo II neste enlace

AdxuntoTamaño
PROTOCOLO PARA RECOLLIDAD DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN.pdf404.94 KB
ANEXO II COMPLETO.pdf984.18 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer