Skip to Content

Taboleiro

MAGOSTO 2011

Aquí tedes as fotos da celebracion do Magosto. No colexio comemos castañas, chourizos, fixemos xogos e bailamos, Pasámolo moi ben!!!

Preme na imaxe para acceder á galería.

SAMAÍN 2011

Aquí tedes as fotos da celebración do Samaín na escola. As familias trouxeron moitas cabazas decoradas e un montón de postres de medo, por iso dende o colexio querémoslles agradecer a súa gran colaboración. Preme na imaxe para acceder á galería.

PROXECTO SOBRE DEPORTES COOPERATIVOS

 

Ao longo deste curso imos traballar nun proxecto sobre os deportes cooperativos. Neste proxecto van traballar os alumnos, profresores e incluso as familias. Pouco a pouco irémosvos amosando as cousas que estamos a facer. Un saúdo!

Estes son os deportes escollidos polos diferentes cursos:

Ed. Infantil: Remo

1º Primaria: Vela

2º Primaria: Baseball

 

3º Primaria: Hockey

4º Primaria: Ximnasia artística

5º Primaria: Bobsleigh

6º Primaria: Natación sincronizada

 

BENVID@S AO NOVO CURSO 2011 - 2012

Dende o colexio de Mallón dámosvos a benvida a este novo curso que comeza e aproveitamos a ocasión para recordarvos que ao igual que os anos anteriores poderedes ve-las imaxes das diferentes actividades e excursións que imos facendo ao longo do curso.

EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES


Aquí tedes as fotos da excursión ás illas Cíes dos nen@s de 3º, 5º e 6º.

SEMANA DO LIBRO

Para celebrar o día do libro fixemos durante toda a semana unha serie de actividades relacionadas cos libros e coa lectura en xeral. Aquí tedes as fotos:

ENTROIDO 2011

Aquí tedes as fotos da celebración do Entroido 2011 no cole de Mallón. Moitas grazas ás familias e a ANPA pola súa colaboración.

Preme no Meco para acceder á galería.

PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2011-2012

Xa está aberto o prazo de matriculación para o curso 2011-2012. Tedes como data límite para entrega-la documentación no centro ata o día 31 de MARZO.

A NOSA HORTA

Este ano estamos comezando a traballar na horta escolar. Agora que xa non chove tanto comezaremos a plantar diferentes productos: fabas, chícharos, allos, prantas aromáticas, etc. Pouco a pouco iremos engadindo novas fotos para que vexades todo o que cultivamos. Preme na imaxe para acceder á galería:

SAÍDA A UNHA PEIXERÍA

O outro día, os alumn@s de 1º e 2º de Primaria, visitamos unha peixería que hai preto do noso cole. Puidemos ver diferentes peixes e mariscos e as peixeiras explicáronnos cousas novas sobre os peixes. Aquí tedes as fotos.

Distribuir contido


by Dr. Radut