Skip to Content

Novas

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

O  CONSELLO ESCOLAR, é un Organo Colexiado de gran importancia para a comunidade educativa, polo tanto pregámoslles o máximo interese e participación nestas eleccións, tanto presentando a súa candidatura como acudindo a votar ao colexio o día da votación.

Unha vez celebrada a xornada de votacións, está dispoñible no taboleiro do Centro o resultado das eleccións a Consello Escolar.


Máis información nos arquivos adxuntos:

  • Circular informativa I
  • Publicación da Convocatoría do sector nais/pais
  • Modelo de candidatura para o sector nais/pais
  • Candidaturas nais/pais
  • Circular informativa II

AMPLIACIÓN AXUDAS FONDO SOLIDARIO 2022-2023

A consellería aprobou unha ampliación da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022 a favor das persoas que xa foron beneficiarias do cheque de 50€.

A axuda é de 25€ adicionais ata acadar un importe total de 75€.

Destinatarios: alumnado que xa foi beneficiario de axuda por importe de 50€ para adquirir material escolar para o curso 2022-23.

Recollida de vales: a partir do día 17. O martes 18 tamén en horario de 16 a 18 horas.

O novo vale deberá de empregarse preferentemente na libraría antes do 1 de decembro do 2022.

Poden atopar a normativa no ficheiro adxunto

Benvida ao curso 2022/2023

O novo Equipo Directivo dalles a benvida ao novo curso.

Nesta páxina web irémoslles informando das novidades para o inicio deste curso...que son moitas!!!

 

 

REDE RAOGAL E REDE GALEGA DE EDUCACIÓN DIXITAL

 No curso 2021/2022, o colexio forma parte, con carácter experimental, de RAOGAL(Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia) no marco do Plan Recupera e da Rede Galega de Educación Dixital que arranca con 78 persoas mentoras que asesorarán aos centros para crear o seu plan dixital.

 

Modelo candidatura pais/nais.

CONVOCATORIA PAIS/NAIS.

Distribuir contido


by Dr. Radut