O CENTRO |
XXI SEMANA CULTURAL
Os días 12,13 14, 15 e 16 de maio celebrouse a XXI Semana Cultural das Letras Galegas. Durante estes días o alumnado de Infantil e de Primaria puido gozar de multitude de actos: Conta contos “Pablísimo”, para E.I; Charla- Coloquio “Como se fai unha película de animación” e “Queres que che conte” , para o 3º Ciclo; Recital de poemas de Díaz Castro, no 2º Ciclo; Concertos da Banda Municipal, Festival dos maios e Xogos e malabares, para todo o alumnado.
Iremos colgando as fotos dos distintos actos nos vindeiros días no enlace "Actividades Escolares"