ALUMNADO NOVO DE 3 ANOS (PERÍODO DE ADAPTACIÓN CURSO 2021-2022)

 ALUMNADO NOVO DE 3 ANOS (4º de Educación Infantíl)

 Período adaptación curso 2021-22

 

            As entrevistas individuais coas familias levaranse a cabo os días  9, 10 e 13 de setembro,  entre as 9:15 e as 13:45 hs.  Recibirase a 7 familias de cada grupo cada día.

            As familias serán contactadas polas titoras telefónicamente para concertar o día e hora da entrevista. Prégase a máxima puntualidade.

             Acudirá un só proxenitor co neno/a. Os cinco últimos minutos de cada entrevista están contemplados para acompañar ás familias á saída, ventilar e desinfectar o lugar que ocuparon ao longo da entrevista.

             O día da entrevista traerán o material solicitado nunha bolsa.

             Asimesmo deberán traer unha serie de documentación cumprimentada que está a súa disposición na secretaría do centro. (Se non poden acudir, chamen ao teléfono 982 21 24 69  e se lles achegará por e-mail).

 

            A distribución dos mandilóns será do seguinte xeito:

             - 4º Infantíl  A:   laranxa

             - 4º infantíl B:    morado

             - 4º infantíl C:    azul

Powered by Drupal - Design by artinet