ENTROIDO 2020

De luns a xoves todo o centro prepara con moita ilusión a festa de Entroido que terá lugar o venres, día 21.

Durante a semana o alumnado, o profesorado e o persoal non docente goza preparando as consignas da semana que xiran en torno a estes temas:

Luns: "Cómodo como na casa quero estar, por isoen pixama ou bata vou chegar".

Martes: "Na cabeza imos poñer, algo moi digno de ver".

Mércores:"Andaremos divertidos, cos zapatiños distintos".

Xoves: "Enxoiados imos vir, para moito presumir".

Venres: Desfile de comparsas que xiran en torno ao tema dos proxectos de EI e do EDNL. 

             O colexio abrirá as súas portas a cociñeiros e cociñeirasaocircoa labregos e labregas, a pastores e pastoras, a recolectores e recolectoras da horta, xardiñeiros e xardiñeiras, a panadeiros e panadeiras,aos espanllos e aos segadores e segadoras.

 

Para "abrir boca"  vaiamos vendo como decoran o colexio os nenos e as nenas, da man dos seus profesores e profesoras, para gozar un ano máis do ENTROIDO.

 

                                                    

 " Cómodo como na casa quero estar, por iso en pixama ou bata vou chegar"

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet