PROBAS DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º DE PRIMARIA

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (DOG de 5 de maio de 2017)

 

CAL É A SÚA FINALIDADE?

 

A avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria ten como finalidade comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.

Esta avaliación ten carácter informativo e orientador para os alumnos e alumnas e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa.

 

QUE COMPETENCIAS SE AVALÍAN?

 

-Competencia en comunicación lingüística

-Competencia matemática.

 

EN QUE CONSISTEN AS PROBAS?

 

Estarán constituídas por:

-Cadernos de alumnado para cada unha das competencias

-Cuestionarios de contexto para o alumnado e as súas familias

 

Os cuestionarios de contexto realizaranse preferentemente en formato dixital, sen prexuízo de que as familias o poidan realizar en formato papel.

 

A QUEN SE APLICARÁN?

 

As probas aplicaranse en todos os grupos de terceiro curso de educación primaria

 

CANDO SE FARÁN?

 

 

Os días 30 e 31 de maio.

Powered by Drupal - Design by artinet