Skip to Content

INFORMACIÓN SOBRE LIBROS DE TEXTO DE 3º E 5º DE PRIMARIA

ALUMNADO QUE TEN DEREITO AO BANCO DE LIBROS (FONDO SOLIDARIO)

 As editoriais están a actualizar as existencias do Banco de libros do centro ás súas edicións novas canxeando ditas existencias. Adxúntanse ISBN.

O alumnado con dereito a recibir libros do Banco por haber solicitado dentro do prazo e os ten adxudicados  na resolución definitiva, recibirá os libros que lle corresponden no momento en que se completen os lotes. Os pais deberán asinar un documento de entrega conforme os reciben e se comprometen a devolvelos ao finalizar o curso.

Ata ese momento nas aulas traballarase sen libros de texto e con flexibilidade ata que a situación se normalice.

 

ALUMNADO QUE NON TEN DEREITO AO BANCO DE LIBROS

     A)     Os libros de Relixión, Inglés e Plástica de ambos cursos, empregaranse os que figuran no listado oficial publicado. O caderno de Actividades de Inglés 3º e 5º (Activity book) e o libro de Plástica de 5º non son libros reutilizables polo que deberá mercalos todo o alumnado, teña ou non dereito ao Banco.

     B)      Os que adquiriron as edicións antigas dos libros de CM, Matemáticas, Lengua Castellana e Lingua Galega de 3º e 5º , as editoriais comprometéronse a canxear directamente a través do centro estes libros polas súas edicións novas, facéndose este cambio nas propias aulas no momento en que se reciban. Estes libros son propiedade do alumnado.

     C)      O alumnado que non ten dereito ao Banco de libros poderá mercar as edicións actualizadas dos  libros correspondentes das editoriais Santillana e Anaya e recibir a información individualizada que precisen. 

AdxuntoTamaño
ISBN EDICIONS NOVAS.pdf29.12 KB


blog | by Dr. Radut